El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

CAMBIOS EN LA XUNTA

Feijóo nombra tres nuevos conselleiros y crea 'Cultura e Turismo'

Fabiola García asume Política Social; José González, Medio Rural, y Carmen Pomar será titular de Educación // Román Rodríguez será el encargado de darle brillo y sacarle todo el partido al Xacobeo 2021 // Salen del Ejecutivo Beatriz Mato y José Manuel Rey Varela, que competirán por las alcaldías de A Coruña y Ferrol

SANTIAGO. EP  | 26.09.2018 
A- A+

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha dado a conocer los cambios de una remodelación de Gobierno que los suyos esperaban desde hace semanas y que supone la designación de tres conselleiros, así como la decisión de separar Educación y Cultura creando un nuevo departamento autonómico que se encargará de los asuntos culturales y Turismo.

Como estaba previsto, salen del Ejecutivo para batirse en la arena local Beatriz Mato y José Manuel Rey Varela, que competirán en A Coruña y Ferrol por las alcaldías.

En lugar de Rey Varela, toma las riendas de Política social la hasta ahora directora xeral Fabiola García. Mientras, asume Medio Ambiente Ángeles Vázquez Mejuto, hasta ahora conselleira de Medio Rural, cuya cartera coge el diputado autonómico José González.

Entra, asimismo, en el Ejecutivo, la profesora de la USC Carmen Pomar, quien toma las riendas de Educación. Por su parte, el hasta ahora conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asume el área de Cultura e Turismo, creada para realzar el protagonismo del Xacobeo 2021.

NOVA ESTRUTURA DA XUNTA

Presidencia
Alberto Núñez Feijóo

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Alfonso Rueda Valenzuela
Consellería de Facenda
Valeriano Martínez García

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Ángeles Vázquez Mejuto

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Ethel Vázquez Mourelle

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Francisco Conde López

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Carmen Pomar Tojo

Consellería de Cultura e Turismo

Román Rodríguez González
Consellería de Sanidade
Jesús Vázquez Almuíña

Consellería de Política Social

Fabiola García Martínez
Consellería do Medio Rural
José González Vázquez
Consellería do Mar
Rosa Quintana Carballo

 

A renovación da Xunta prodúcese despois de que dous conselleiros —Beatriz Mato e José Manuel Rey— decidisen deixar o Goberno para concorrer como candidatos ás próximas eleccións municipais e supón un novo impulso para abordar os retos aos que se enfronta Galicia ás portas dunha nova década.

A remodelación reforza os ámbitos cultural e turístico, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021, coa creación dunha Consellería de Cultura e Turismo que dirixirá Román Rodríguez González. Pola súa banda, Carmen Pomar Tojo será a nova conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional.

A Consellería de Medio Ambiente e Territorio incorpora as competencias de Vivenda, e será dirixida por Ángeles Vázquez Mejuto. Pola súa banda, Ethel Vázquez Mourelle estará á fronte de Infraestruturas e Mobilidade, departamento que asumirá as competencias en materia de Auga.

Así mesmo, Fabiola García Martínez dirixirá a partir de agora a Consellería de Política Social, e José González Vázquez será o novo conselleiro do Medio Rural.

Os novos membros do Goberno tomarán posesión do cargo mañá xoves no Pazo de Raxoi ás 10.00 horas.

CARMEN POMAR TOJO
Carmen María Pomar Tojo, colaboradora de El Correo Gallego, naceu en Santiago de Compostela en 1970. É licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago, premio extraordinario fin de carreira e premio extraordinario de traballo de licenciatura. Doutora en Psicoloxía no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación. Foi bolseira posdoutoral da Fundación Caixa Galicia no 2000, cunha estadía na Universidade de Virxinia (Estados Unidos). Profesora na Universidade da Rioxa durante dous anos e, desde o 2003, profesora no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago, exercendo a súa docencia nas Facultades de Educación e de Psicoloxía desta universidade.

Profesora en másters sobre Educación, Familia e Necesidades Educativas Especiais nas Universidades de Santiago e de Vigo. Tamén profesora do Máster de Psicoloxía Educativa na USC. Profesora no Curso de Especialista en Educación Emocional na Facultade de Educación da USC. Profesora en cursos e seminarios sobre altas capacidades, intelixencia, motivación e creatividade. Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago dende 2009 e directora de proxectos de atención educativa no campo da optimización do talento. Tamén é autora da guía O triángulo máxico das altas capacidades para profesorado galego, así como de capítulos de libro e artigos sobre intelixencia, motivación e altas capacidades.

FABIOLA GARCÍA MARTÍNEZ
Fabiola García Martínez naceu en Ribeira en 1985. É licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ata a actualidade e desde decembro de 2016 era directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade na Consellería de Política Social.

Desde xuño de 2015 foi primeira tenente de alcalde do Concello de Ribeira, ademais de concelleira delegada de Administración, Transparencia, Atención e Participación Cidadá, Promoción e Dinamización Económica e Cultura.

Ao longo da súa carreira profesional formou parte dos gabinetes das consellerías de Facenda, Economía e Industria e Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Con anterioridade, traballou en prácticas no departamento de Dereito Fiscal nun despacho de avogados. Como formación complementaria, é máster en Dereito Empresarial polo Centro de Estudios Garrigues e diploma en EAP (English for Academic Purposes) pola University College London.

JOSÉ GONZÁLEZ VÁZQUEZ 
José González Vázquez naceu en Ourense en 1970. É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. En 1997, ingresou no corpo superior de inspectores de Facenda do Estado, especializado en inspección financeira e tributaria e aduanas e impostos especiais. Así mesmo, foi vocal nato do comité e do pleno do Consorcio da Zona Franca de Vigo desde 2009 a 2014; e representante da aduana española en diferentes comités de reforma do código aduaneiro comunitario en 2009. Ademais de membro de diferentes comisións da Autoridade Portuaria de Vigo para a coordinación dos controis do comercio exterior; profesor asociado do departamento de Dereito Financeiro, na Universidade de Vigo, desde 2002 a 2006; e docente especialista en materia de imposto sobre o valor engadido e comercio exterior e en contabilización de impostos.

Desde 2016, José González Vázquez é deputado no Parlamento de Galicia, onde desempeñou funcións como: voceiro de Medio Rural do GPP; membro da Comisión 7ª, Agricultura, Alimentación, Gandería e Montes; membro da Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos; vicepresidente da Comisión Permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e membro da Comisión Especial de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.

ÁNGELES VÁZQUEZ MEJUTO 
Ángeles Vázquez Mejuto naceu en Melide en 1972. Acadou a Licenciatura en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa especialidade en Xeografía Aplicada. Así mesmo, é técnica en Información e cultura.

Foi alcaldesa de Melide desde o ano 2011 ata 2016, cargo que tamén ocupou entre os anos 2004 e 2007. No ámbito municipal, previamente ás súas responsabilidades como rexedora, foi concelleira de Cultura, Deportes e Medios de comunicación. Tamén foi deputada provincial na Coruña entre 2007 e 2009 e, posteriormente, deputada no Congreso dos Deputados por esa mesma provincia. Na súa traxectoria profesional tamén ten experiencia xornalística, como directora da radio municipal melidense e como correspondente en medios de comunicación.

ETHEL VÁZQUEZ MOURELLE
Ethel María Vázquez Mourelle naceu en Santiago de Compostela en 1972. É enxeñeira técnica superior de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Tras rematar os estudos superiores, en 1996 comezou a súa traxectoria profesional na empresa privada, ata que, en 2003, se incorpora ao organismo autónomo Augas de Galicia.

Ethel Vázquez asume a presidencia de Augas de Galicia e da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH) da Xunta de Galicia en abril de 2009, cargo que exerceu ata ser nomeada directora xeral de Infraestruturas en setembro de 2010. En abril de 2011 asume a presidencia da Sociedade Pública de Investimentos de Galicia. En xaneiro de 2012 foi nomeada directora da Axencia Galega de Infraestruturas. Desde 2014 a 2015 foi conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Desde outubro de 2015 era conselleira de Infraestruturas e Vivenda.

ROMAN RODRÍGUEZ GONZÁLEZ 
Román Rodríguez González naceu no Vento, Lalín, en 1968. É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela con premio extraordinario. Doutor en Xeografía, é máster en Desenvolvemento Local, foi profesor na Universidade de León e é profesor titular do Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Autor dunha ducia de libros e coautor doutras case vinte publicacións da súa especialidade, amais de ter participado en corenta libros colectivos, Román Rodríguez dirixiu másteres e cursos de posgrao vinculados coa temática do ordenamento territorial en varias universidades. Foi galardoado, ademais, co Premio da Crítica de Galicia (2000), no eido da investigación.

En 1999 foi elixido concelleiro polo PP en Lalín, con responsabilidades en Cultura, Medio Ambiente, Urbanismo, Desenvolvemento Local e Portavocía. Nas eleccións de 2009 obtivo acta como deputado autonómico para ser designado posteriormente vicevoceiro do Grupo Popular e voceiro nos eidos de Educación, Urbanismo e Ordenación do Territorio. Desde febreiro de 2015 era conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.