El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Feijóo reivindica o traballo entre Galicia e o Norte de Portugal

O presidente galego defendeu a execución de actividades que potencien a liña de viaxeiros

 Núñez Feijóo e Freire de Sousa, á súa dereita, paseando na clausura da presentación dos resultados de Poctep.  - FOTO: ECG
Núñez Feijóo e Freire de Sousa, á súa dereita, paseando na clausura da presentación dos resultados de Poctep. - FOTO: ECG

XULIA LOMBA   | 18.06.2019 
A- A+

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, clausurou onte o acto de presentación dos resultados do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal (Poctep). Durante a celebración quixo reivindicar a cooperación leal Galicia-Norte de Portugal, xunto a Fernándo Freire de Sousa, presidente da Comisión de Coordinación e Desarrollo Rexional do Norte.

Incidiu na importancia desta colaboración para afrontar os futuros retos e mellorar a calidade de vida dos veciños que habitan a ambos lados da raia, para o que propuxo o aumento e mellora de servizos e infraestruturas. Para alcanzar ditos obxectivos, aseverou que ambas zonas terán que seguir traballando en Europa co fin de que o novo período orzamentario siga sostendo este peso cooperativo que merece.

Feijóo incidiu no labor xa feito, pero precisou que agora toca seguir traballando porque queda moito que facer. Tamén recalcaou que Galicia segue defendendo xunto coas comunidades do noroeste peninsultar un Corredor Ferroviario Atlántico, ademais da "necesidade de que se prolongue a actual liña de viaxeiros de altas prestacións" que se atopa na zona que vai de A Coruña a Vigo ata a Oporto, e tamén a "execución do proxecto da saída sur de Vigo prolongando a actual liña de alta velocidade", todo isto referíndose asimesmo ao reto do envellecemento e a dispersión da poboación.

O presidente do Goberno galego recordou que na actual convocatoria de 2014-2020 contáronse xa con 131 millóns para iniciativas relacionadas coa I+D+i, co fomento do emprego, coa protección do medio ambiente, e a mellora da capacidade institucional das administracións dos servizos que presta. Traballos que "implican a confianza de empresas, administracións e institucións de un lado e outro da raia", dixo.

Estes proxectos beneficiarían a universidades, centros tecnolóxicos, empresas, parques naturais ou cámaras de comercio.

Tan só no período actual (2014-2020) están desenvolvéndose 80 iniciativas que dinamizan a Eurorrexión pola que Feijóo asegura que os territorios seguirán cooperando.

RELACIÓN SÓLIDA

A cooperación Galicia-Norte de Portugal implica, según Feijóo, a todos os niveis da sociedade e tradúcese en beneficios concretos para os cidadáns a ambos lados da fronteira, como se pon en manifesto no Poctep, proxecto que vai moito máis alá da relación entre institucións. Un traballo, dixo o presidente, que representa a solidez da relación entre zonas, ao contar xa con tres xeracións deste programa.