El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Feita a lei, feita a trampa...?

Non se ve con malos ollos iso de fichar no traballo, pero tamén existen dúbidas entre os cidadáns sobre o seu funcionamento

FOTO: ECG
FOTO: ECG

SILVIA CASTIÑEIRAS  | 15.05.2019 
A- A+

"Nalgún sitio feita a lei, feita a trampa. Paréceme ben que se fiche se realmente se leva a cabo como ten que ser, non vale asinar o papeliño como que saes ás tres e saes ás catro". É unha das moitas opinións que xiran estes días ao redor da obrigatoriedade de contabilizar as horas que cada traballador realiza no seu posto. Neste caso é unha moza, Sara, a que pon a dúbida sobre a mesa, agardando que si se cumpla a lei e non se continúen facendo horas extras non remuneradas.

Con este obxectivo acaba de entrar en vigor a normativa para que todas as empresas leven un rexistro diario da xornada de cada persoa sen que se excedan os horarios legais. En principio parece que se ve con bos ollos iso de fichar e deixar constancia de cando entra e sae cada un, algo que para algúns non é ningunha novidade, "iso xa se facía antes", di Constantino, xa xubilado. El está dacordo con esta proposta, ao igual que a propietaria dunha tenda en Santiago, que asegura ter todo ben regulado para que a xente que ten ao seu cargo cumpra co estipulado.

Sen embargo, aínda que polo xeral a medida semella ter unha boa acollida entre os cidadáns, aínda hai bastante incerteza con iso do control, sobre todo nalgún tipo de actividades. Manuel Antonio, xornalista, cre que a súa é unha das máis difíciles de acotar en canto ao tempo que adica o profesional ao seu cometido.

En España estímanse en 2,6 millóns as horas extra á semana que non son compensadas.

 

REACCIÓNS

Constantino

Obreiro xubilado

"Paréceme normal o de fichar no traballo, hai que facelo. Eu dende logo, que fun obreiro toda a vida, cando estaba en activo xa o había que facer. É algo bo para os empregados que xa tiña que funcionar en todos lados. Vexoo unha medida moi positiva para todos".

Che Cancelo

Tenda de moda

"Gústame a medida porque é unha maneira de que os traballadores estean protexidos e así ás empresas non lles queda máis remedio que pagar pola actividade que fagan de máis. Eu teño empregados e teño todo regularizado, dende hai tempo, pero agora máis" .

Sara

Enfermeira

"Feita a lei, feita a trampa, como se soe dicir. O que hai que ver é se realmente se fai como se ten que facer, non que firmes un papeliño de que saes ás tres e saes ás catro. Estou a favor de que se leve a cabo e se intente limitar dalgunha maneira esa cantidade de horas sen pagar".

Luis

Arquitecto

"Eu son arquitecto autónomo e traballo só, así que non ficho en ningunha parte. Aos únicos que lles teño que render contas é aos clientes. Esa lei, de todas maneiras, non me parece ben. O que hai que facer é pagar como é debido e non dicir cando podes ou non traballar".

Manuel Antonio

Xornalista

"Estou dacordo con que haxa un control de fichaxes para detectar esas horas extras que non se pagan, xa tiña que estar feito esto moito antes porque téndese nas empresas a abusar das horas de máis e vai ser beneficioso para os traballadores. Na miña profesión é difícil".

Laura

Hostaleira xubilada

"Os empregados teñen que facer as súas horas, e as que fagan a maiores o que se debe facer é pagarllas. Paréceme ben que se controle desta maneira porque antes facías moitas horas de 'contrabando' e sen cobralas. Vai ser unha medida moi positiva para os traballadores".









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...