Viernes 18.10.2019 Actualizado 18:56
Google    

El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Fomentando a actitude científica nos mozos

Os douscentos alumnos que este ano estrean o Bacharelato en Ciencias e Tecnoloxía, os seus docentes e persoal universitario reuníronse onte nunha xornada formativa

XORNADA Deborah García, en primeiro termo, durante a súa intervención onte, cos alumnos do Stembach e os seus profesores detrás - FOTO: Fernando Blanco
Ver galería
XORNADA Deborah García, en primeiro termo, durante a súa intervención onte, cos alumnos do Stembach e os seus profesores detrás - FOTO: Fernando Blanco

SALOMÉ BARBA  | 28.11.2018 
A- A+

O Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía (StemBach), que este curso académico estrean 15 centros galegos, ten uns obxectivos claros. Facilitar o acceso ao alumnado aos estudos superiores e completar a súa formación en aspectos amplos como o pensamento ou a actitude científica, o fomento da creatividade, a mellora das destrezas comunicativas e a resolución de problemas. Ademais, tal e como explicou onte a conselleira de Educación, Carmen Pomar, pretende tamén fomentar o papel da muller na ciencia, facilitando vocaciones femininas.

Na inauguración dunha xornada formativa especializada, dirixida aos douscentos alumnos de Bacharelato que este ano inauguran o StemBach, aos seus porfesores e ao persoal investigador universitario que serán os seus titores no campo da investigación, Pomar asegurou que "se recollemos o que sementamos", con esta novidosa modalidade de Bacharelato o Goberno galego espera recoller "unha boa canteira de científicas e científicos" galegos nun futuro e quixo agradecer a todos os participantes por "abrir camiño" e ser "pioneiros" no StemBach.

Despois da inauguración, os asistenten puideron desfrutar do relatorio de Deborah García, unha coruñesa licenciada en Química e recoñecida divulgadora científica. García desgranou primeiro o que é o método científico para explicar aos asistentes que "a ciencia e algo máis, porque facer ciencia implica ter actitudes" específicas. Para ela as dúas actitudes principais son, primeiro ter en conta que "o experimento é o que manda", desbotando as ideas preconcebidas. E, segundo, "considerar todas as teorías falsables", é dicir, as teorías que hoxe acaptamos como boas poden estar incompletas ou demostrarse no futuro ser falsas".

Con exemplos como a homeopatía e a demonización dos parabenos nos cosméticos ou do aceite de palma nos alimentos, Déborah García debullou como son os experimentos científicos e a importancia da actitude científica, porque "é o que define a ciencia", polo que "os profesores deberían de fomentala xa que cantas máis cousas facemos mellores decisións tomamos", rematou García.

Os verdadeiros protagonistas da xornada e de todo o Bacharelato de excelencia son os alumnos. Como os do IES República Oriental do Uruguai -único do concello de Vigo que imparte esta modalidade de estudos-, que onte estaban atendendo as explicacións dos poñentes. Diego, Lucas e Andrea explican que son 22 alumnos e que estarán centrados en investigar sobre xestión de residuos, comezando porlos que xeneran no propio insituto- e contaminación de aguas, neste caso na súa localidade.

Diego e Lucas teñen claro que queren ser biólogos mariños e por iso elixiron o StemBach, porque lle axudará a "saber desenvolver un traballo de investigación ben feito". Andrea "estaba bastante confusa" no relativo ao seu futuro pero escolleu o Stembach porque "é diferente, e porque é unha maneira diferente de aprender ciencia".

Tamén, Pedro, Ana, Inés e Bárbara, do IES María Casares de Oleiros, explican que no seu centro a investigación terá varias vertentes. Por exemplo, "clonar prantas ou deseño 3D e métodos de informática", aseguran eles. Elexiron o StemBach porque lles vai "ir descubrindo portas" e xa aprenden a facer experimentos antes de chegar á universidade. Ana e Inés queren facer Ciencias da Sáude e Medicina; Pedro, Veterinaria ou investigación en Bioloxía, e Bárbara, Genética. Ter máis horas de clase non lles asusta porque cren que os pros deste Bacharelato superan os contras

Tras o relatorio de Deborah García, tocoulle o turno a Rocío Pérez, redactora de Maldita Ciencia que explicou aos estudantes como loitar contra as novas falsas e os bulos na ciencia; mentres os porfesores e os investigadores universitarios fondaron no Bacharelato e no plan de formación específico para eles.

A xornada rematou coa intervención de Marta Macho, matemática e autora do blogue Mujeres con Ciencia, da Universidade do País Vasco, que falou sobre a importancia do empoderamento feminino nas ciencias.