El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

AGRO

Francia ensina a Galicia a pagar o leite a prezo xusto

I. A.   | 26.04.2019 
A- A+

O SLG apoia á marca que revoluciona o mercado do leite en Francia con prezos para o produtor de 39 céntimos, iniciativa que está a dar os seus primeiros pasos en España. O Sindicato Labrego Galego oficiou onte como anfitrioa a presentación na comunidade do proxecto C'est qui le patron?! La marque du consommateur / Quen é o xefe?! A marca do consumidor, iniciativa gala na que os consumidores e consumidoras elixen como queren que sexan os alimentos que consumen e remuneran cun prezo digno e xusto a quen llos facilita. Dirixiu a secretaria xeral, Isabel Vilalba, e contou cunha das fundadoras, Laurent Chammade; coa coordinadora do mesmo no Estado Español, Annaïck Locqueneux; e cun gandeiro francés -vía Skype-, Régis Mainguy.