El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

USC

Galicia acolle un congreso que busca a sustentabilidade dos sistemas rurais

Rubén Lois, de esquerda a dereita, Holy Barcus, Francisco Durán, Román Rodríguez, Vicente Pérez-Muñuzuri e Valerià Paul, onte no Paraninfo da USC. - FOTO: ECG
Rubén Lois, de esquerda a dereita, Holy Barcus, Francisco Durán, Román Rodríguez, Vicente Pérez-Muñuzuri e Valerià Paul, onte no Paraninfo da USC. - FOTO: ECG

R.R.   | 17.07.2018 
A- A+

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu onte, no Paraninfo da Universidade de Santiago, ao acto de apertura do 26º Coloquio anual da Comisión sobre a Sustentabilidade de Sistemas Rurais da Unión Xeográfica Internacional, unha sociedade do máximo prestixio científico fundada en 1871.

Baixo o título Sistemas rurais infinitos nun planeta finito: tender pontes cara á sustentabilidade, Galicia acollerá, ata o vindeiro 21 de xullo, esta cita congresual que reúne participantes de 26 países. Santiago, o concello ourensán da Veiga e a comarca luguesa da Ulloa serán as sedes deste encontro que, nesta edición, busca tender pontes entre as diversas posturas expresadas nos debates académicos sobre redes agroalimentarias, actividades rurais ou os usos do solo, entre outros aspectos.

Durante o encontro prestarase especial atención á escala local, sen deixar de lado outras interrelacionadas para cumprir co esforzo de pechar as brechas cara á sostenibilidade. A partir de aí, África e América estarán tamén representadas nas sisións de traballo.