El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

SLG

Golpe desde Mercosur á nosa carne e o noso mel

REDACCIÓN  | 12.07.2019 
A- A+

O acordo comercial entre a UE e Mercosur será “catastrófico para Galicia”, especialmente para o medio rural, se finalmente se asina, denuncia o SLG. En especial para a carne de vacún ou o sector apícola, que “resultarían arrasados” ou “verían fortemente ameazada a súa supervivencia”. De bovino a entente permitirá a entrada en Europa de 99.000 toneladas de carne en canal equivalentes a 2 millóns de vacas nutrices, “máis do número total de cabezas de gando de Bélxica, Bulgaria, Dinamarca, Estonia, Grecia, Croacia, Chipre, Letonia, Luxemburgo, Hungría, Malta, Eslovenia, Eslovaquia, Lituania, Finlandia e Suecia xuntas”. En canto ó mel, serán 45.000 toneladas libres de impostos e por baixo dos 3 €/kilo.