Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O grupo GAME-IDEGA presenta o seu proxecto impulsando os blockhain

    Santiago. O grupo de investigación GAME-IDEGA presentou onte o proxecto DLT4All "Blockchain Lab: Mecanismos de consenso" no Edificio Emprendia da Universidade de Santiago.

    O evento propuxo fomentar e afondar no coñecemento sobre as tecnoloxías blockchain e DLT (Distributed Ledger Technologies) e as súas aplicacións.

    Segundo Manuel Fernández Grela, profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC e participante no DLT4All, a intención é crear un ensino que imparta "formación de alta calidade" e tamén queren "involucrar aos beneficiarios potenciais do programa nun proceso de cocreacións do seu deseño", axustando a fin educativa aos investidores.

    O proxecto organizará en total oito Labs en cinco países (Bélxica, Chipre, España, Grecia e Italia). Cada un dedicado a un eixe temáticon diferente sobre técnicas de encriptados, sinaturas dixitais, ou smart contracts entre outros. Priorizando ditas tecnoloxías tras a popularización das moedas Bitcoin no sector financeiro.

    03 jun 2019 / 22:45
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito