El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

SORAYA SALORIO PORRAL, DEPUTADA DO PP NO PARLAMENTO DE GALICIA

"Hoxe en día a igualdade comeza a ser unha regra e non unha excepción"

FOTO: ECG
FOTO: ECG

REDACCIÓN  | 12.09.2019 
A- A+

Acaban de celebrarse eleccións municipais, con cambios significativos en moitos municipios. Considera que para mellor?

O meu municipio foi unha das escepcións a regra xeral destas últimas eleccións municipais, no que “as Mareas” (neste caso Sadamaioría) aumentaron o número de votos e de concelleiros. Circunstancia que ninguén esperaba.  En consecuencia continúa o mesmo alcalde cun pacto entre tres partidos políticos moi diferentes, co cal seguiremos outros catro anos na parálise á que nos levou o goberno do 2015 ó 2019.

En que medida inflúe unha nova etapa municipal na vida dos veciños?

Cada catro anos, os veciños sofren os retrasos e atascos nas súas xestións, provocadas pola campaña electoral, as eleccións, a formación de goberno, etc., isto é xeralizado e inevitable, pero cando esa formación de goberno se demora varias semanas, como é o caso de Sada, debido ó tempo que lles levou chegar a un acordo os tres grupos políticos, con ideas e programas moi diferentes, a repercusión no funcionamento do Concello, e polo tanto na vida diaria dos veciños, dura moito máis tempo, coas consecuencias que isto acarrea.

As mulleres teñen cada vez máis protagonismo en todos os ámbitos. Percíbeo vostede na súa profesión?

Toda a miña vida tiven a sorte de sentirme valorada como persoa, non como muller (ou home): polas miñas preferencias educativas e laborais (Banca e política local), vivín sempre rodeada dunha gran maioría de homes, pero, en xeral, non me sentín discriminada. Porén, teño que recoñecer que non foi así para a maioría das mulleres que coñecín ou coas que compartín experiencias ao longo da vida. É certo que nunha gran maioría dos casos, os ascensos a cargos de responsabilidade, eran e seguen a ser, para eles. Hoxe en día a igualdade comenza a ser unha regra e non unha excepción: queda moito camiño por andar, pero imos pola boa senda. Como anécdota destacar que na actual corporación municipal de Sada, da que formo parte, somos 11 mulleres e 6 homes.

Con todo, aínda se escoitan moitas queixas sobre as dificultades que deben superar fronte ao teórico dominio dos homes. Que fai vostede para vencer eses obstáculos?

Sempre defendín que cada un ten que ser valorado polo que é, e para o que está preparado, non por ser home ou muller. O xeito de vencer os obstáculos que nos intenten impoñer, penso que é manterse sempre ó día tanto na información como na formación, demostrando así a valía de cada quen en cada momento.

Cre que este é o século das mulleres, liberadas, sen complexos, triunfadoras?

Podemos considerar que é o século das mulleres porque é o século da loita pola igualdade, e iso fai que actualmente se lle dé visibilidade as mulleres, cando fai só medio século, a inmensa maioría non eran donas nin da súa propia vida: non falemos xa dos seus cartos, ou incluso dos seus fillos… Sempre houbo mulleres (e homes) con intelixencia privilexiada, adiantados ó seu tempo ou con iniciativas pioneiras e revolucionarias, pero só a eles se lles recoñecía, as mulleres quedaban á “sombra” e no olvido. Actualmente ísto está a cambiar, as mulleres temos unhas liberdades que as nosas avoas (incluso as nosas nais) non poderían nin soñar, polo que se van perdendo os complexos e recoñecendo os triunfos, cando é o caso.

Un tema recorrente é o que se refire aos problemas de conciliación familiar e flexibilidade no traballo. Como o ve?

A conciliación é un dos apartados da vida laboral no que penso que fai falla máis concienciación e implicación por parte de todos, posto que a proporción de persoas que fexibilizan o seu traballo para poder conciliar a vida laboral coa familiar, continúa a estar ampliamente inclinada do lado das mulleres. A tradición e a educación desde a infancia continúan asociando ás mulleres co coidado dos fillos e dos maiores, enfermos ou dependentes: isto ten que cambiar. Neste eido se ten avanzado moito, pero queda un longo camiño que percorrer...

Cre que, como indica unha recente enquisa, os mozos de hoxe vivirán peor que os seus pais?

Creo que xeralmente os mozos de hoxe están moi ben preparados e formados para levar a diante tanto a súa vida como o seu país. Esto non quita que co envellecemento da poboación, cada vez haberá menos persoas contribuíndo para respaldar o orzamento necesario para atender os maiores, os nenos, ou os dependentes. En consecuencia, os beneficios sociais dispoñibles terán un reparto moito máis complicado e polo tanto máis escaso. É preciso o planeamento e aforro persoal para compensar a falla de poder adquisitivo que pode provocar esa situación no futuro non moi lexano.

Que se pode facer nun mundo tan desigual con millóns de persoas desnutridas, desprazadas, que se arriscan a perder as súas vidas para chegar a Europa e cada vez enfróntanse a máis rexeitamento social?

O rexeitamento social hacia os migrantes sempre existiu, a miña familia vivimos a emigranción (Suiza) nos anos 60-70, e xa daquela sofrimos a presión dos “referendums” que convocaban para expulsarnos do país. Actualmente a maioría dos migrantes están moi formados e desprazanse coa intención de conseguir un traballo mellor que as oportunidades que atopan no seu país de orixen. Punto e aparte é o caso das persoas que arriscan as súas vidas para chegar a Europa por medios xeralmente ilegais e en pésimas condicións, debido a que no seu país non poden sobrevivir: guerras, fame, represión, persecución, etc. Neste intre son moitos os casos, o cal provoca a xenofobia que é inxustificada. Os migrantes básicamente pretenden vivir en Europa para non morrer no seu país. Claro que entre tanta xente sempre hai “mazás podres” (delincuentes) que haberá que tratar como tales, pero non se pode xuzgar a todos polo mesmo patrón. Persoalmente considero que todos deberíamos botar unha man por humanidade, cada quén dentro das súas posibilidades.

En que orde de preferencia situaría familia, profesión, estudo, relevancia social ou amigos?

Para mín, o primeiro é a familia, o motivo de todo o que fago cada día e a razón para a toma de cada decisión. A profesión e o estudo van íntimamente relacionados. Os amigos (de verdade) ocupan tamén un lugar importante, é preciso manter a amizade por riba de diferencias de opinión ou de criterio nun momento dado. En canto a “relevancia social”,  non penso nela, nin motiva ningunha das miñas decisións.

Algunha persoa tivo influencia en momentos clave da súa vida?

O meu pai tivo unha influencia clave na miña vida. Sempre me identifiquei co seu xeito de facer, coas súas ideas tanto sobre a familia como sobre a sociedade en xeral. Iso me animou a “emulalo” participando activa e directamente en diversas iniciativas: asociación cultural, política local, etc. A pesares de que faleceu moi novo (56 anos), non pasa un día sen que o teña presente nalgunha das miñas actividades, pensamentos, sentimentos, etc.

Dentro das súas responsabilidades profesionais, en que proxecto está centrada agora mesmo?

Neste intre estou centrada en máis dun proxecto profesional, por exemplo: A nivel local, acabo de asumir o rol de “portavoz” do grupo municipal, circunstancia sobrevida, que non esperaba, polo que estou concienciándome desta nova situación, e poñendo o meu empeño en ser merecedora da confianza que depositaron en min. Outro é conseguir que a Xunta (Patrimonio Cultural) recoñeza e marque o tramo do “Camiño Inglés” que vai dende  Sada a Betanzos: como Deputada teño rexistrada a iniciativa no Parlamento de Galicia, e a “Asociación de Amigos do Camiño Peregrino Inglés desde Sada” tamén o ten solicitado por Rexistro de Entrada en Cultura. Temos recopilado unha chea de documentación e estudos históricos que respaldan ese pequeno tramo, que se une en Betanzos ó trazado desde Ferrol, e en Bruma ó que ven de A Coruña. Ademáis de percorrelo a pé (alguns tamén a cabalo ou con cans), en máis dunha ocasión, cun numeroso grupo, seguindo as precisas indicacións do historiador betanceiro Francisco Vales Villamarín, publicadas no Anuario Brigantino. E algunha iniciativa máis, relacionada coas Comisións das que formo parte, sobre temas de política social e de mar principalmente.

Cal é o mellor consello que recibiu e de quen?.

Un compañeiro de traballo (no Banco) díxome fai anos: “non permitas que ninguén te altere: é malo para o teu fígado” Sempre procurei asumir as cousas como e cando veñen, pero aquel día desbordoume unha circunstancia que me fixo alterar. Non se resolve nada alterándose, mellor reaccionar con tranquilidade e serenidade, para encontrar o mellor remedio para cada problema ou para cada situación; e se non ten remedio: aceptala dentro do posible...