El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Javier Cristobo: “por moito que digan, o perigo sempre está aí”

Director Centro Oceanográfco Gijón

Javier Cristobo
Javier Cristobo

24.11.2019 
A- A+

Javier Cristobo dirixe o Centro Oceanográfico de Gijón desde hai dez anos. Pero tamén decididiu achegarse á costa como veciño de Ares, onde pasa todas as fins de semana.

Coñecendo a costa, como ve este dispositivo de desencallamento do mercante?
 As posibilidades de mellora da situción chegan coa pleamar. Trátase dunha zona bastante rochosa, cuns fondos que misturan area e rochas. Os baixos teñen moitas dificultades.  Si hai algunha posibilidade de reflotar o barco será unicamente coa pleamar, e empezando a tirar cos buques de Salvamento Marítimo un pouco antes de que suba a marea.  Só así lograríase que o barco non continúe encaixado nos cantís. A sorte que temos é que o buque está sen carga e sempre será máis fácil de reflotar, se chegase coa merdoría sería case imposible facelo.

Que riscos ten esta situación?
Afortunadamente o combustible que ten agora este buque é só para propulsión. Pero está nunha zona con intermareal rochoso bastante grande. Trátase dunha área de pesca de baixura, sobre todo para pescadores cercanos de Sada e de Ares. Por aquí traballan embarcacións pequenas, también hai nasas para nécora e para pulpo. Agora esperemos que non pase nada, porque aínda que digan que non hai perigo... o perigo sempre está aí.

Volve a memoria do desastre do Prestige?
Aínda que non nos atopemos ante o caso dun Prestige ou dun Urquiola, o combustible do propio barco tamén contamina. E o potencial deste petroleiro, aínda que xa chegase baleiro, continúa aí.