El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Lanzadeiras de Emprego para unha inserción dixital

J.C.   | 15.02.2020 
A- A+

LABORAL A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, avogou onte en Santiago por ofrecer unha orientación laboral que dea resposta aos retos da era dixital, como se fará a través das novas lanzadeiras de emprego das fundacións Santa María la Real e Telefónica coa colaboración da Consellería de Economía e o cofinanciamento do Fondo Social Europeo. Son dous programas que apostan por unha orientación máis individualizada e más dixital acorde ás necesidades de cada participante. 'Alfabetización dixital' afondará na mellora das competencias dixitais básicas para a busca de emprego. E 'Lanzadeira Conecta Emprego' reforzará as competencias transversais e dixitais a través do traballo en equipo. Xa se poden facer inscricións na web www.lanzaderasconectaempleo.es.