El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Máis transferencia á sociedade da UDC coa Cátedra de Transformación Dixital

O reitor Julio Abalde, á esquerda, e Jesús Lage, de everis en Galicia, onte na sinatura.
O reitor Julio Abalde, á esquerda, e Jesús Lage, de everis en Galicia, onte na sinatura.

S. BARBA   | 17.01.2018 
A- A+

NOVIDADE Coa sinatura da creación da nova Cátedra de Transformación Dixital entre o reitor da Universidade da Coruña (UDC) e o socio responsable en Galicia da consultora multinacional de negocio everis, Jesús Lage, a UDC afonda cunha "liña máis de transferencia de coñecemento da universidade á empresa para beneficio do tecido industrial galego", tal e como asegurou onte Abalde. A cátedra, adscrita á Facultade de Informática, ten como obxectivo acometer e profundizar a transformación dixital das organizacións públicas e privadas de Galicia. Segundo asegurou Lage, "esta alianza reafirma o compromiso de ambas entidades co desenvolvemento científico e tecnolóxico" de Galicia. Entre as actividades que se están a poñer en marcha coa cátedra está a creación do Premio ao mellor traballo de fin de grao aplicado, colaboración en másteres, patrocinio de bolsas pre e posdoutorais, prácticas de alumnado da Facultade de Informática en everis. Lage e Abalde avanzaron que outro campo a explorar está relacionado co novo grao de Ciencia e Enxeñaría de Datos que se implantará na Facultade de Informática no curso 2019/2020.