El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Presidenta da Deputación de Lugo

María Elena Candia: “Crise demográfica, emprego e servizos básicos son prioridade de goberno para nós”

A popular Elena Candia é a nova presidenta, en minoría, da Deputación de Lugo. Fixo historia como a primeira muller que ocupa o cargo, que llo entregaron en bandexa de prata PSOE e BNG polas súas divisións internas. Licenciada en Dereito, naceu en Mondoñedo, vila da que é alcaldesa. Cunha gran capacidade de traballo, leva na política local dende os 25 anos. No 2011 entra na Deputación e asume a responsabilidade de voceira do Grupo Provincial do PP en 2012. Dentro do partido ademais de vicesecretaria do PP de Lugo, ten cargo na executiva autonómica. Di que non condiciona o seu labor o que tramen BNG-PSOE na sombra.

Elena Candia
Elena Candia

ÁNGEL ARNÁIZ. LUGO  | 20.09.2015 
A- A+

Foi unha sorpresa cando se viu presidenta da Deputación?

Foi unha alegría por varios motivos. Non só porque é unha forma de recoñecer o proxecto co que o PP se presentou aos comicios, e neste punto cómpre recordar que os populares fomos os que gañamos as eleccións, senón tamén pola oportunidade de poñerlle fin a un bipartito que estaba corrompendo a reputación dunha institución que ten como fin dar resposta ás necesidades dos concellos. Un equipo de Goberno máis preocupado por manter aos afíns en postos de responsabilidade que polos problemas reais dos veciños. Creo que non me equivoco se digo que as diatribas internas nas que está sumido o PSOE na provincial e a nivel galego xa non collen a ninguén por sorpresa. Era un dos escenarios previsibles, vendo como se desenvolveu o período posterior ás eleccións, polo que nós o que fixemos foi deseñar a nosa folla de ruta desde o primeiro día.

A estas alturas, ten sensación de interinidade, pola posible ameaza dunha censura?

A Deputación que presido está ocupada e preocupada por darlle resposta ás necesidades reais desta provincia, por mellorar a xestión dos recursos públicos mediante a aplicación dun programa de goberno fiable. A máxima que rexe a nosa acción non vén determinada polos movementos que na sombra, nos medios ou nas cafeterías escenifiquen os membros do PSOE e do BNG. Cremos que temos unha misión importante por diante, que nos alonxa das liortas internas por repartirse o poder e o protagonismo de socialistas e nacionalistas. Os prazos e os límites que nós fixamos teñen que ver coa salvagarda da imaxe da institución, a resolución de todos os procedementos iniciados e dos que imos comezar e materializar o noso programa con rigor.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt