Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente premia a Granxafamiliar

Este grupo estudou a produción agraria tradicional galega e sobre como esta se comercializaba por vías informai

A iniciativa granxafamiliar.com recibirá este xoves de mans do ministro Miguel Arias Cañete o Premio Alimentos de España á distribución e Comercio Alimentario que outorga o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente na súa vixésimo novena edición. O proxecto naceu no seo do grupo de investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (GIS-T IDEGA) da USC, grupo que dirixe o profesor Carlos Ferrás.
 
Este grupo estudou a produción agraria tradicional galega e  sobre como esta se comercializaba por vías informais, chegando a afirmar “que en Galicia –a comercialización por vías informais– pode representar unhas rendas potenciais de entre 12.000 e 16.000 euros de media por familia, sendo os produtos moi diversos, tales como carnes variadas de vacún, porco, aves diversas como galo, pavo ou faisán, entre outros, ademais de froitas diversas denominadas ‘do país’; hortalizas variadas de todo tipo ademais de produtos elaborados como queixos ou mel”.
 
A partir da análise cuantitativa e cualitativa desta realidade social, os investigadores reflexionaron sobre cal sería a plataforma ou canal de venda idóneo para o pequeno agricultor ou gandeiro, chegando deste xeito á utilización das TIC, aspectos no que destaca este grupo de investigación, e á creación de www.granxafamiliar.com. Nestes momentos participan preto de 20 granxas familiares que incrementaron as súas rendas grazas a esta iniciativa que buscaba dar unha solución real a unha cuestión particular como é qué facer cos excedentes agrarios.
 
Este proxecto, máis alá de funcionar como unha plataforma de comercio en liña, busca achegar as TIC a un territorio habitualmente alleo a estas ferramentas como é o rural. Como apunta Carlos Ferrás, en territorios periféricos si os cidadáns non acceden a internet “non é pola falta de recursos, que nalgúns casos ocorre, senón pola inexistencia de contidos adaptados ás súas necesidades”. Deste xeito, “unha vez que se facilitan contidos interesantes, estas persoas serán conscientes da necesidade do seu uso”. No caso concreto de granxafamilia, os propios agricultores “ tiveron que alfabetizarse no uso de correo electrónico e na propia xestión da web para poder atender ás demandas de compra dos clientes”, explican dende o proxecto agora premiado.

Entre as vantaxes do proxecto figura a eliminación dos custes de distribución, ao realizar a compra directamente cos propios produtores, “estamos en definitiva ante una trazabilidade por confianza”, como afirma o profesor Carlos Ferrás. Nun paso máis alá, constituíuse a Asociación polo Desenvolvemento da Agricultura Familiar, que coordina e dirixe a iniciativa, transferindo o coñecemento xerado na propia universidade aos interesados finais.

11 oct 2012 / 11:18
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito