El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Nace Icía, a primeira filla de Ana Pontón

A portavoz nacional do BNG, que o pasado domingo presentou oficialmente a súa candidatura á Presidencia da Xunta, deu a luz este martes no Hospital Clínico de Santiago

Imaxe compartida esta mañá en Twitter por Ana Pontón tras dar a luz a Icía. - FOTO: TWITTER ANA PONTÓN
Imaxe compartida esta mañá en Twitter por Ana Pontón tras dar a luz a Icía. - FOTO: TWITTER ANA PONTÓN

SANTIAGO. REDACCIÓN  | 21.01.2020 
A- A+

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a luz este martes á súa primoxénita. A pequena, de nome Icía, naceu no Hospital Clínico de Santiago. A noticia coñecese apenas unha hora despois de que trascendera o ingreso da dirixente nacionalista no CHUS.

Pontón fixo público o seu embarazo a mediados do pasado mes de setembro a través da súa conta de Twitter, rede social que tamén escolleu desta volta para publicar a primeira foto da pequena: unha imaxe na que só se ve a man da nena sobre unha man adulta, supoñemos que a da nai. O texto que acompaña a foto recolle o seguinte: "Naceu Icía e sinto que hai unha razón máis para soñar un futuro mellor. Tela á miña beira, tan pequena e con toda a vida por diante, dáme máis forza para converter en realidade os nosos desexos. Por Icía e por todas as crianzas, que merecen un mundo máis xusto!".

Hai só dous días que a portavoz nacional do Bloque presentou oficialmente a súa candidatura á Presidencia da Xunta para os comicios galegos do vindeiro outono.