El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Núñez Seixas analiza os estereotipos que marcaron os galegos na Arxentina

Unha editorial francesa publica o último libro do historiador galego

ECG  | 07.05.2013 
A- A+

Santiago. Honestos e traballadores, pero intelectualmente limitados. O retrato dos galegos emigrados na Arxentina debuxouse historicamente a través do filtro dunha serie de estereotipos que non deixa ao pobo galego moi ben parado, pero que máis aló deste colectivo ilustran as dificultades de integración social e cultural dos inmigrantes europeos nas sociedades de América Latina. Disto da conta a última obra do historiador galego Xosé Manoel Núñez Seixas, que vén de ser publicada pola editorial universitaria gala Franche-Comté.

Icônes litteraires et stéréotypes sociaux. L’image des immigrants galiciens en Argentine (1800-1960)

analiza os clixés que marcaron os galegos que fixeron as maletas na procura dunha vida mellor no Cono Sur. En Arxentina, chegaron a representar o 15% dos europeos que se asentaron nas súas terras entre 1840 e 1950.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt