El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Os pais galegos non queren o pin parental

Desde Anpas galegas aseguran que a polémica xerada pola medida proposta por Vox en Murcia non ten cabida na comunidade // Crearía "nenos en illas desconectadas da realidade", advirten dende esta federación

NAS AULAS Alumnos de Primaria dun centro escolar do barrio de Canido, en Ferrol, atendendo ás explicacións da súa mestra - FOTO: Kiko Delgado
NAS AULAS Alumnos de Primaria dun centro escolar do barrio de Canido, en Ferrol, atendendo ás explicacións da súa mestra - FOTO: Kiko Delgado

SALOMÉ BARBA  | 18.01.2020 
A- A+

Vox, co PP e Ciudadanos, no Goberno de Murcia acaban de pechar un acordo para aporbar uns Orzamentos autonómicos que inclúan a introducción dun pin parental nos centros educativos da rexión. Este documento, que os pais dos alumnos deberían de firmar, ou non, sería unha autorización expresa das familias para dar luz verde a que os seus fillos participen en actividades académicas complementarias.

Visto así non parece nada novo, porque xa agora todos os colexios obrigan a autorizacións expresas para permitir aos nenos ir a excursións, obras de teatro fóra do centro ou, incluso, para tomarlles fotos e vídeos. As sinaturas de autorizacións parentais están á orde do día dos pais e nais. Pero é que o polémico pin parental non é precisamente para iso, senon para prohibir que os escolares sexan "adoctrinados en ideoloxía de xénero en contra da miña vontade e contra os meus principios e valores morais", tal e como reza o modelo de formulario deste instrumento ao servizo dos pais.

De feito, o Ministerio de Educación xa anunciou que recurrirá pola vía xudicial calquera iniciativa dirixida a impoñelo, ao consideralo unha "censura previa" por parte dos pais e nais nas actividaes programadas polos colexios.

Unha medida para a que non se contou cos pais e nais murcianos, pero que aquí, en Galicia, no caso de propoñerse enfrontaríase coa súa negativa. Desde Anpas galegas, o seu presidente, Fernando Lacaci, asegura que a comunidade galega "se temos algo é que somos tolerantes, somos unha comunidade que avanza e mesmo desde a Administración e institucións este é un tema xa resolto". De feito, resalta a existencia do protocolo educativo para garantizar la igualdad, a no discriminación y la libertad de identidad de género, xa posto en marcha e coa que somos pioneiros.

 


gran consenso social Pero Lacaci vai máis alá. Asegura que estes temas de educación en diversidade e identidade sexual gozan dun "consenso social" total, que se leva ao parlamento, a códigos deontolóxicos, a normativas e, polo tanto, ás escolas. "Os pais temos o pleno dereito de decidir no que sexa absolutamente privado, pero non en aspectos con este consenso social, non caben interpretacións nen ideoloxías, porque é o que toda a sociedade considera bo, polo que temos que educar nel".

A utilización deste permiso parental "crearía nenos en illas desconectadas da realidade, do contexto social no que viven. Sería como se non lles aprendemos a parar nun semáforo en vermello", indica o presidente de Anpas Galegas. A sociedade española logrou un consenso en temas como a igualdade, a violencia de xénero e a coeducación, por exemplo, e todos "temos que respectalo e difundilo", que é o obxectivo principal dos cursos ou actividades escolares sobre estos aspectos que se fan no centros. "Se un grupo político considera que este consenso xeral está errado e quere promover un cambio, debe facelo no Parlamento. Se obtén a maioría necesaria, cámbiase.

 


campaña de Hazte Oír De todas formas, este tipo de autorizacións non son nada novo nos colexios galegos. Ya nos meses de setembro e outubro do 2019, en varios centros escolares os directores recibiron unhas cartas dentro dunha campaña da asociación Hazte Oír.

Esta organización ultraconservadora relacionada con Vox fixo un envío de misivas ás escolas, nas que loitaba contra "o adoutrinamento en ideoloxía de xénero". No sobre incluían o formulario para entregar aos pais para decidir se queren que os seus fillos participen neste tipo de actividades complementarias. Era o xermolo do pin parental, os seus primeiros pasos.

Esta iniciativa tivo resposta en Galicia por parte de diversas colectivos, entre eles os profesores da Rede Educativo de Apoio LGTB, e morreu olvidada nos caixóns dos directores dos centros. Ou, como di, Lacaci, "as cartas foron tomadas como unha chirigota e foron á papeleira. interpretáronse como unha saída de ton, que pretendía facernos retroceder no tempo e na historia".

"A escola galega ten eivas e problemas máis importantes, pero se temos algo é que somos tolerantes. Estamos no camiño da inclusión cada vez maior, defendendo a participación e a igualdade unánimemente. Estas son actitudes atávicas que tampouco son certas e só buscar crear un debate para lograr un rédito político. Non se pode usar aos nenos como moeda de cambio".

Fernando Lacaci

presidente Anpas galegas

"Nen interpretacións nen ideoloxías, é un tema con amplo consenso social"