El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

PARLAMENTARIA AUTONÓMICA DO PSdeG-PSOE

Patricia Vilán Lorenzo: “Creo firmemente que o século XXI será o das mulleres, sen etiquetas”

{ A Coruña, 1982} Ella es el trote en el silencio, la gota que desborda el reguero y la luz que nunca deslucía en "Luar". Contra el arquetipo salvaje, es la piel mesurada en el "thriller" gallego "Serramoura". El 31 de diciembre, la sargento Neira tiene la misión de velar por los cuartos desde la plaza del Obradoiro. Para ello, formará patrulla junto al coronel Xosé Ramón Gayoso y al teniente Rodrigo Vázquez, presente y futuro de Televisión de Galicia. Doce uvas sin guion, pero con escolta.

Patricia Vilán Lorenzo - FOTO: ecg
Patricia Vilán Lorenzo - FOTO: ecg

CARMEN ESCARIZ SANTIAGO   | 14.08.2019 
A- A+

Acaban de celebrarse e­leccións municipais, con cambios significativos en moitos municipios. Considera que para mellor?

Son militante do PSdeG, que goberna e cogoberna na maioría dos concellos máis poboados de Galicia, é evidente que penso que para mellor. Estou segura de que as cidades e principais vilas da comunidade van saír do seu letargo destes últimos anos.

En que medida inflúe unha nova etapa municipal na vida dos veciños?

Dende o punto de vista dun partido progresista, en moitas áreas: dámos prioridade á defensa da Igualdade dende todas as concellalías, ao medio ambiente (non debemos esquecer que o desenvolvemento sustentable, facer espazos verdes ou os residuos son competencia municipal), á transparencia da vida municipal e á participación cidadá. E, cando rematan os nosos mandatos, compróbase que xestionamos mellor.

As mulleres teñen cada vez máis protagonismo en todos os ámbitos. Percíbeo vostede na súa profesión?

Si, eu son avogada e a Xustiza é un mundo claramente feminizado, mais aínda non é suficiente, xa que a maioría dos postos de decisión seguen a ser ocupados por homes.

Na política, penso que o PSdeG é un espello no que paga a pena mirarse, o Grupo Socialista no Parlamento ten agora nove mulleres e cinco homes e non é así por casualidade senón polo feito de que o meu partido ten imposto as "listas electorais cremallera" como obrigatorias.

Con todo, aínda se escoitan moitas queixas sobre as dificultades que deben superar fronte ao teórico dominio dos homes. Que fai vostede para vencer eses obstáculos?

Non calar cando detecto algún obstáculo, non deixar de empurrar e abrir as portas a máis mulleres.

Cre que este é o século das mulleres, liberadas, sen complexos, triunfadoras?

Creo firmemente que o século XXI será o das mulleres, sen etiquetas e sen esquecer a todas as mulleres feministas que nos precederon.

Un tema recorrente é o que se refire aos problemas de conciliación familiar e flexibilidade no traballo. Como o ve?

Persoalmente, prefiro falar de corresponsabilidade (as medidas de conciliación reproducen os roles de xénero). E penso que a igualación dos permisos de maternidade e paternidade, que serán totalmente iguais, intransferibles e retribuídos ao 100 % no ano 2021, será clave para loitar contra as desigualdades entre mulleres e homes. Para min, é a medida máis importante que ten tomado o Goberno de Pedro Sánchez.

Cre que, como indica unha recente enquisa, os mozos de hoxe vivirán peor que os seus pais?

Non creo demasiado nas enquisas. Aínda está nas nosas mans loitar para que non sexa así.

Que se pode facer nun mundo tan desigual con millóns de persoas desnutridas, desprazadas, que se arriscan a perder as súas vidas para chegar a Europa e cada vez enfróntanse a máis rexeitamento social?

O primeiro axudalas nos seus países de orixe. E logo non pechar fronteiras, nen mentais nen físicas. Temos que aprender a vivir no mundo do século XXI; por exemplo, teremos que aprender a vivir con persoas desprazadas tamén pola crise climática, o que nos vai esixir mudar a lexislación relativa ao dereito ao asilo e ao concepto de refuxiados.

En que orde de preferencia situaría familia, profesión, estudo, relevancia social ou amigos?

Primeiro, a familia. No segundo lugar, os amigos. Despois o estudo, a profesión e por último poría a relevancia social.

Algunha persoa tivo influencia en momentos clave da súa vida?

As máis cercanas da miña familia (a miña avoa materna, por moitas cousas), os meus preparadores de oposicións e dúas mulleres e dous homes da miña agrupación en Pontevedra. Sen o seu apoio, eu non sería o que son hoxe.

Dentro das súas responsabilidades profesionais, en que proxecto está centrada agora mesmo?

Na política, en seguir desenvolvendo a miña labor parlamentaria para que o PSdeG gañe as seguintes eleccións autonómicas.

Nas miñas inquedanzas persoais, rematar un conto para que as crianzas galegas entendan e defendan a democracia e no que teño embarcados tamén aos meus fillos, que agardo poder publicar axiña.

Cal é o mellor consello que recibiu e de quen?

Non esquezas a coherencia e a responsabilidade e non abandones aos teus compañeiros, iso é o que lembrarán de ti.

Díxomo o meu compañeiro de Pontevedra Antón Louro cando fun nomeada portavoz do Grupo Parlamentario.