El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

SANIDADE

A planificación asistencial do Sergas en verán superará as previsións medias

J.P.M.   | 13.06.2019 
A- A+

Os recursos asistenciais do Sergas para a época estival se sitúan por riba da ocupación media prevista. Así o asegurou onte na sesión plenaria que tivo lugar no Pazo do Hórreo o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, quen precisou que a planificación faise tendo en conta a demanda asistencial, a estacionalidade, e a morbilidade de determinadas patoloxías. Para garantir a seguridade e calidade de asistencia dos pacientes, estúdanse os datos de anos anteriores e os de ocupación. O titular de sanidade lembrou que, como medida de reforzo das operacións, os centros do Sergas contan cun Plan de continxencia co fin de adoitar axilmente a demanda ante situacións impresivibles. Destacou que á estimación da ocupación real do período xuño-setembro de anos anteriores se engade unha marxe do 10-12% para asegurar a correcta atención dos pacientes. No 2018, nese mesmo período a porcentaxe de ocupación foi dun 75,77%, e en base a isto o Sergas manterá operativas o 88% do total das camas funcionantes, cifra que demostra a axeitada planificación dos recursos posibles. As demais estarán dispoñibles ao 100% en casos de necesidade.