El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

"Podemos ter un país sen machismo"

A secretaria de Iguadade e Coordinación de Podemos Galicia, Ángela Rodríguez, falou en Radio Obradoiro dos proxectos neste materia do partido liderado por Pablo Iglesias

Ángela Rodríguez - FOTO: R.O.
Ángela Rodríguez - FOTO: R.O.

Radio Obradoiro

Radio Obradoiro

Entrevista

Ángela Rodríguez, secretaria de coordinación e igualdade de Podemos Galicia

SANTIAGO. RO  | 03.11.2015 
A- A+

Ángela Rodríguez tiña claro cando estaba na universidade que "estar de espectadora non era suficiente". Foi daquela cando comezou a involucrarse na política e decidiu formar parte do proxecto de Podemos: "era un espazo no que calquera podía estar porque recollía os medos, a indignación e as preocupacións das persoas". Así o explicaba este luns nunha entrevista en Radio Obradoiro. Cre que a crise económica fixo aumentar a desigualdade entre homes e mulleres. Lembrou que "a fenda salarial de xénero en España é a sétima máis grande de Europa", algo ó que contribuiu, dixo, o feito de que "o PP reducira nun 97% a partida para o fomento do emprego feminino. En Galicia recurtou nun 67% os cartos destinados a erradicar a violencia machista". Ángela Rodríguez ten claro que hoxe en día as mulleres "somos máis pobres, traballamos máis e sacamos adiante ás familias". 

No tocante ó aborto, Podemos aboga "por un aborto gratuito, na sanidade pública e accesible a tódalas mulleres". Ten claro a dirixente de Podemos Galicia que "é posible ter un país sen machismo".

Síguenos en Twitter e Facebook