El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Premios de investigación en economía galega e desenvolvemento rural da USC

Galardoados no certame e na fila de arriba, comezando pola esquerda, Alberto Meixide, Corina Porro, Antonio López, Edelmiro López e José Montes, de Feiraco - FOTO: ECG
Galardoados no certame e na fila de arriba, comezando pola esquerda, Alberto Meixide, Corina Porro, Antonio López, Edelmiro López e José Montes, de Feiraco - FOTO: ECG

REDACCIÓN   | 15.02.2019 
A- A+

O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (Idega) entregou onte a quinta edición dos premios Jesús García Calvo de I+D Rural. Nesta mesma sesión tamén se otorgou o galardón Valentín Paz Andrade, pero no ámbito adicado a Economía na comunidade.

O traballo de Telmo Otero titulado Orixe e consolidación da especialización láctea en Galicia. Unha análise de cara ao presente e ao futuro do rural galego (1930-2017) resultou vencedor do primeiro certame, cuxo tema central era o cooperativismo agrogandeiro. Neste acto aproveitouse tamén para conmemorar o 50 aniversario de Feiraco.

O premio Valentín Paz Andrade, convocado polo Idega e o Consello Económico e Social, dividiuse en dúas modalidades. Na primera, adicada a teses de doutoramento, resultou beneficiado Francisco Cebreiro co traballo Circulación monetaria e crédito en Galicia ao final do Antigo Réxime. Na segunda, centrada en publicacións en revistas ou editoriais, recoñeceuse o estudo elaborado por Xosé A. Rodríguez, Fidel Martínez e Pilar González-Murias, sobre a duración da estadía dos turistas que visitan a cidade de Santiago de Compostela.