El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Rafael Cuíña: "Son absolutamente fiel ó PPdeG"

L. CAMINO   | 15.02.2010 
A- A+

"Non ten nada que ver coa loita par­tidista". Rafael Cuíña, fillo do ex di­rixente popular Xosé Cuíña e coñe­cido militante lalinense, aclara que a súa fichaxe polo Instituto Galego de Estudos Europeos e Autonómi­cos (IGEA) que dirixe Anxo Quinta­na, nada ten que ver con ideoloxías políticas e reafirma a súa "fidelida­de" ao partido no que milita.

O IGEA anunciou este venres a entrada de Rafael Cuíña na xunta directiva que encabeza o que foi vicepresidente da Xunta bipartita, "unha persoa vinculada ao BNG", recoñece o Cuíña, que matiza que por iso quixo "saber se era un apén­dice do BNG, e en absoluto. Hai xente do PSdeG, está Daniel Barata do PP... Vin que había persoas de to­das as ideoloxías, e entón si que me pareceu interesante", explica Cuíña, pero, incide, "sempre que se deixase claro que non tiña nada que ver coa loita partidaria".

Así, e recoñecéndose crítico co partido en temas como a lingua, asegura que a decisión nada ten que ver coa política. "Así como o meu posicionamento coa lingua é máis que claro" -forma parte do colecti­vo Prolingua-"neste caso non ten nada que ver en absoluto con nin­gún tipo de diferenza" (co partido), explica. "Son absolutamente fiel ao PPdeG", tal como, segundo lembra, lle prometera ao seu pai en vida.

Para Rafael Cuíña, o traballo co IGEA é un proxecto "moi interesante" na medida en que conflúe co pensamento galeguista e quere axudar a "construír país".

Forman parte da directiva Anto­nio Campos (vicepresidente), An­tón Reixa, Benito Fernández, César Portela, Domingo Docampo, En­carna Otero, Elías Torres, Evencio Ferrero, Manuel Carlos Martínez Barreiro, Margarita Ledo, Miguel Barros, Pablo González Mariñas e Xoán Antón Pérez-Lema.