El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

El rector apuesta por el voto electrónico

REDACCIÓN  | 02.05.2019 
A- A+

“Antes había un movimiento estudiantil mucho más fuerte y activo del que hay ahora” reconoce Antonio López, rector de la USC desde hace un año, que fue alumno de la Facultad de Derecho durante los años 80. “Eran años muy diferentes, los primeros después de la Constitución”, recuerda, e identifica la democratización del sistema universitario como una de las demandas más presentes. Sobre la situación actual del movimiento estudiantil, reconoce que las organizaciones de ahora “nacen de la base” y que se encuentran mucho menos vinculadas a los partidos políticos de lo que lo estaban en los años 80, cuando él cursaba Derecho.

López lamenta la baja participación del estudiantado y la identifica como “un problema a resolver”. Para ello propone la implantación del voto electrónico –que ya se aplica en las elecciones a las juntas de facultad– en las elecciones al claustro y rector como una “primera solución” para elevar los índices de participación, que califica de muy bajos. “Tenemos que implicar al estudiantado y hacerle ver que las decisiones que se toman son trascendentales para ellos”, dice, y añade que el desconocimiento puede tratarse del principal causante de esta problemática.

El rector destaca la buena sintonía que mantiene con los representantes del alumnado y señala la disposición del rectorado a escuchar las demandas del estudiantado.

REACCIONES

“A pesar do hooliganismo dalgúns, pódese mudar moito na universidade dende estas organizacións”

Álvaro González Acc. Universitaria

“Que o movemento estudiantil teña unha tendencia ideolóxica non é malo, o que problema é cando entran os intereses políticos”, di este alumno de Ciencias Políticas que leva 3 anos formando parte de Acción Universitaria. Critica a aqueles que aproveitan os postos de representación na facultade para se “promocionar politicamente”. González entende que estas organizacións “deben ir máis aló de presentarse a unhas eleccións. O traballo polos dereitos dos universitarios está no día a día”. Opina que a baixa participación do estudantado nas elección ós organos da universidade débese a que esta responde máis a “lexitimar decisións que a escoitar as demandas dos alumnos”.

“Non é que a xente non queira participar, é que non se lle da a coñecer o xeito de facelo”

María Mancebo Anega

Dende moi nova tiña claro que a loita polos dereitos “vai da man da mobilización e organización”. Reivindica o papel destas e admite que “cada vez costa máis facerse ver” nos distintos ámbitos da universidade. Macebo, responsable de comunicación de Anega en Galicia, móstrase satisfeita polo resultado obtido pola súa organización nas eleccions ó claustro, que se presentou de forma conxunta, sendo a máis votada. Mostra con cautela certo optimismo co actual equipo de goberno na USC. “Agora polo menos escoitan as nosas demandas”, e sinala a boa acollida das súas iniciativas por parte do reitorado. Reivindica o papel dos representantes do estudantado no Claustro citando a proposta de creación do Consello de Estudantes presentada neste.

“O goberno da universidade ten que facer máis públicos e inclusivos os procesos de participación”

Serxio María Rodríguez +Ciencia Política

“A representación do estudantado no Claustro é efectiva, o que non é efectivo é que, dalgún xeito, o labor que se fai alí non chega aos estudantes”.  Esto é o que considera Serxio María Rodríguez, membro do máximo órgano de representación e da Xunta da Facultade de Ciencias Políticas. Afirma que o descoñecemento por parte do alumnado da existencia destes representantes fai que moitas demandas non se trasladen nin solucionen. Sinala que a universidade ten que facer “máis públicos e inclusivos os procesos de participación electoral, hai que achegar ao alumnado que pode ser participe do goberno das súas facultades”. “É unha responsabilidade compartida” a de conseguir unha maior involucración dos estudantes no goberno da USC, apunta. 

“É unha irresponsabilide a actitude do goberno da universidade ante a baixa participación”

David Sánchez FAE

Este alumno, que preside o Foro de Alumnos de Enfermería, ocupa un dos dous postos que lle corresponden a esta facultade no Claustro. Dende a súa organización propoñen a introdución de cambios no plan de estudos, como por exemplo a extensión da duración de varias asignaturas ou traladar as recuperacións un mes. Sánchez opina que “non se motiva suficientemente ao alumando, moita xente de por si non ten interese e dende o Claustro non se lle inclúe nas decisións”. Califica de “irresponsabilidade” a pasividade coa que actúan os órganos de goberno da universidade ante esta problemática. Defende que hai moitas inquedanzas por parte do estudantado que o movemento estudiantil obvia.