El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Roberto Blanco Valdés sofre un novo ataque ao seu despacho

Condena unánime a un acto similar ao que viviu en 2001 // A policía investiga a autoría

A porta do despacho apareceu atrancada deste xeito
A porta do despacho apareceu atrancada deste xeito

REDACCIÓN SANTIAGO   | 17.12.2014 
A- A+

En maio de 2001, tres persoas co rostro cuberto tapiaron a porta de entrada ao despacho do catedrático de dereito constitucional da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Robero Blanco Valdés. Trece anos despois, o profesor, coñecido publicamente polo seu papel de comentarista habitual en distintos medios de comunicación, sufriu onte un ataque similar.

Entre as 9.30 e as 10.40 horas, alguén bloqueou de novo a súa porta na Facultade de Dereito con taboleiros nos que se lía Blanco Valdés, fascista. Desta volta non houbo testemuñas do feito. Blanco Valdés atopábase nese momento na súa casa e outros compañeiros de despachos veciños, dando clases. E tampouco houbo recoñecemento da autoría, en 2011 reivindicada por Agir. Pero mentres a policía investiga o caso, queda clara a condena unánime dende o goberno da universidade deste suceso, interpretado como un ataque á liberdade de expresión do profesor pola súa faceta máis mediática.

"A liberdade de expresión é unha cousa que sempre se ten que respectar, e especialmente na universidade. A nosa condena é absoluta", expresa o vicerreitor da USC José Pereira.

O propio Blanco Valdés apunta esta motivación. "Non teño máis relevancia pública que o feito de que interveño nos medios de comunicación. Por tanto, teño que pensar que a única razón pola que alguén pode facer unha cousa como esta ten que ver co exercicio da liberdade de expresión pola miña parte. O obxectivo non é máis que quen fala libremente e a cara descuberta deixe de facelo (...). 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt