El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Santiago será capitalda intelixencia artificial

X.L.   | 04.06.2019 
A- A+

CiTIUS A capital galega acollerá en xuño do próximo ano o congreso internacional ECAI 2020, o encontro sobre Intelixencia Artificial máis importante de Europa. O comité organizador, presidido por Senén Barro, director cienfífico do CiTIUS, espera recibir sobre mil asistentes e que se convirta nun importante foco de interese económico e social. O evento será unha forma de xuntar a investigación, a innovación e o emprendemento do máis alto nivel mundial. Desta forma poderán poñerse en común os últimos avances científicos e técnicos da Intelixencia Aritificial. "Santiago convertirase neses días na capital mundial do que se coñece como a electricidade do século XXI, a Intelixencia Artificial, dixo Barro.