El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Seguimos usando plástico ou facemos unha compra responsable?

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 08.02.2019 
A- A+

Compramos coma sempre ou estamos concienciados, por exemplo, co medio ambiente? Un estudo da OCU, a organización de Consumidores e Usuarios indica que o 73 por cento dos españois teñen en conta xa criterios éticos e de sostibilidade cando realizan a súa compra. Imos ás portas dun supermercado. O de eliminar o plástico parece que sí está moi interiorizado polos cidadáns. Son moitos os que levan as súas bolsas doutros materiais.

Outra cousa son os produtos bio ou ecolóxicos, que aínda non parecen estar moi popularizados, sobre todo polos prezos.

E vostede fai un consumo responsable?.