El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Sorprendidos no parking dun súper con cocaína e hachís

REDACCIÓN  | 26.03.2020 
A- A+

A Garda Civil do concello de Maceda (Ourense) detivo a dous mozos tras ser sorprendidos con 600 gramos de haxix, sete de cocaína e diñeiro en metálico no aparcadoiro dun supermercado no marco do estado de alarma decretado para frear o coronavirus covid-19.

Segundo informou o Instituto Armado, ás 12.00 horas do martes 24 de marzo foron detidos E.I.F., de 18 anos e veciño de Pereiro de Aguiar, e D.V.P., de 33 anos e veciño de Maceda, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.

Os dous individuos foron sorprendidos no interior do aparcadoiro dun supermercado da localidade ourensá. O primeiro deles portaba 600 gramos de haxix e 1.500 euros en billetes fraccionados. O segundo portaba sete gramos de cocaína e 290 euros en billetes, concretaron as mesmas fontes. Os detidos foron, tras informar o Xulgado de Instrución número 3, postos en liberdade a espera de xuízo.

A detención produciuse no marco das actuacións que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado están levando a cabo ante a emerxencia sanitaria producida pola pandemia do coronavirus e o posterior decreto de estado de alarma imposto polo Goberno do Estado.