El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Talento na Semana da Ciencia en Galego

Nery García está en Cambridge investigando grazas a unha bolsa individual Marie Curie // Especialista en glaucoma, imparte unha conferencia no IES de Sar

Nery García Porta en Cambridge, coa capilla e o patio do coñecido King’s College ao fondo - FOTO: Cedida
Nery García Porta en Cambridge, coa capilla e o patio do coñecido King’s College ao fondo - FOTO: Cedida

SALOMÉ BARBA. SANTIAGO  | 04.11.2017 
A- A+

A Semana da Ciencia en Galego trouxo, onte, ao compostelano IES de Sar, unha conferenciante de altura. Trátase de Nery García Porta, licenciada e doutorada en Óptica e Optometría pola USC que está en Cambridge desenvolvendo unha investigación punteira sobre o glaucoma, tema no que é unha reputada especialista.

De feito, a súa estadía no Reino Unido, que comezou no pasado mes de xuño, é debido a que García conseguíu unha das máis importantes bolsas de investigación concedidas pola Unión Europa, as Marie Curie. No seu caso é unha bolsa a nivel individual, polo que, explica antes de comezar a súa conferencia, “me evalúan a min individualmente”. Ademais, asegura que a UE é moi estrita na concesión destas axudas xa que “esixe un plan de traballo mes a mes” de como se vai desenvolver a investigación para a que se pide a bolsa.

O seu proxecto (Encoglap) ten asignados un total de 195.000 euros. “Que eu saiba é a primeira bolsa outorgada a unha investigación en optometría”, di a modesta Nery, pero outras fontes explican que é unha das primeiras mulleres españolas en lograla, se non a primeira.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt