El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Só un 29 por cento de mulleres ocupa postos de liderado científico

Hai maior porcentaxe de mulleres nas bolsas predoutorais, pero as estatísticas invírtense a favor dos homes nas posdoutorais.

SILVIA CASTIÑEIRAS. CORREOTV  | 11.02.2019 
A- A+

Só un 29 por cento das mulleres ocupan postos de liderado na investigación científica. Un dato que chama a atención, tendo en conta que sí hai vocación temperá entre as mozas.

A Conselleira de Educación estivo no edificio CIMUS, da USC, por mor do Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, onde se reuniu con varias investigadoras para analizar a situación e tratar de sacar medidas adiante que incentiven a continuidade das carreiras científicas das mulleres. Un exemplo é María José Alonso, toda unha eminencia. Catedrática de Farmacia, ella sí chegou ao máis alto.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, tamén anunciou medidas para fomentar a igualdade de xénero entre as 2.400 investigadoras galegas.