El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Un home ferido tras atropelara un cabaloen Covelo

REDACCIÓN  | 26.03.2020 
A- A+

Un conductor resultou ferido tras atropelar co seu vehículo a un cabalo na parroquia de Paraños, en Covelo, segundo indicaron fontes dos Servizos de Emerxencia.

Foi o propio conductor quen avisou ao teléfono de Emerxencias 112 contra as 07:00 da mañán de onte. O home foi atendido no mesmo lugar do sinistro, o kilómetro 3 da estrada EP-5107, mentres que o equino correu peor sorte, falecendo polo impacto.

Horas antes do accidente, conductores que circulaban pola zona advertiran da presenza dunha manada de cabalos que interceptaban unha vía na parroquia lucense de Esperante á altura da N-540, e alertaron que esta situación podería acabar producindo algún accidente.

Non é un problema novo, posto que os equinos xa veñen producindo sinistros neste concello nos últimos anos.