Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Unha investigadora do Instituto de Física coordinará unha análise de datos do CERN

USC A investigadora do departamento de Física de Partículas e do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías Veronika Chobanova vén de ser escollida pola colaboración LHCb do CERN para coordinar ata marzo de 2020 as análises finais das propiedades da transformación (denominada habitualmente 'oscilación') do 'Bs' en 'anti-Bs'. Bs é un tipo de partícula cuxa transformación na súa antipartícula é o obxecto de estudo de LHCb, experimento internacional que reúne máis de 700 membros no CERN.

Veronika Chobanova realizou a súa tese no Max Planck Institut für Physik de Munich, e incorporouse en 2015 á USC a través do proxecto Starting Grant que o European Research Council concedeu a Diego Martínez Santos.

As oscilacións que se estudan no CERN están producidas pola interacción dos hadróns Bs co campo de Higgs e a medida das súas propiedades, explican os investigadores, pode revelar novos aspectos sobre a composición deste campo. Tamén achega información sobre a posible existencia de novas partículas, como as supersimétricas, que poderían explicar a composición da materia escura. La USC colaborará con la UE en biología química

COLABORACIÓN El Consejo de Ministros de ayer dio luz verde al acuerdo de colaboración entre el Ministerio de Economía con varias entidades, entre ellas la Universidad de Santiago de Compostela (USC), para la participación de España en la infraestructura del Consorcio Europeo para las Infraestructuras de Investigación EU-OPENSCREEN-ERIC, dedicada a la investigación en biología química. Junto a la USC formarán parte del proyecto el Instituto de Salud Carlos III, la Fundación Medina, la Fundación Institut Mar d'Investigacions Mèdiques y la Fundación Príncipe Felipe. Este proyecto está dotado con 6 millones de euros para el período 2017-2021, de los cuales España deberá aportar un total de 860.000 euros en diferentes anualidades.

07 dic 2017 / 21:44
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito