El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Unir o termalismo co desenvolvemento territorial, cultural, deportivo e turístico

Giuseppe Bellandi e Baltar, en Ourense con gallo da celebración da asemblea da EHTTA
Giuseppe Bellandi e Baltar, en Ourense con gallo da celebración da asemblea da EHTTA

ECG   | 31.12.2018 
A- A+

INICIATIVA En outubro de 2017, Manuel Baltar foi elixido vicepresidente da Asociación Europea de Cidades Históricas Termais (EHTTA), entidade á que pertence a Deputación de Ourense e que supón a rede termal máis importante de Europa, con 40 membros de 13 países, con cidades como Baden Baden, Bath, Budapest, Vichy e a propia capital de Ourense, unha das fundadoras, ao tempo que forma parte do Itinerario Cultural Europeo das Cidades Históricas Termais.

Unha responsabilidade que ten contribuído a fortalecer a visibilidade da realidade termal, poñendo na axenda europea "a necesidade de combinar termalismo co desenvolvemento territorial, cultural, deportivo e turístico, como vén facendo o goberno provincial ourensán con exitosas experiencias como a de "Termalismo Deportivo", que permite que seleccións internacionais de remo e piragüismo veñan ao centro de adestramento de Laias a realizar os seus períodos preparatorios; ou o programa de "Termalismo Social", que fai posible, por medio dun convenio con Renfe, que desde máis de 40 estacións de España se acheguen turistas aos balnearios da provincia.