El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

Voluntariado antieucaliptos

Esta fin de semana bótase ao monte a sexta brigada de limpeza organizada por Verdegaia // Viaxan a Rebordelo (Cotobade), zona afectada polos lumes de octubre, a crear un cordon de frondosas que protexa a aldea

Imaxe de parte dos voluntarios que participaron nos traballos no monte de Froxán, Lousame, quitando brotes de eucalipto para manter a vexetación propia do lugar - FOTO: Verdegaia
Imaxe de parte dos voluntarios que participaron nos traballos no monte de Froxán, Lousame, quitando brotes de eucalipto para manter a vexetación propia do lugar - FOTO: Verdegaia

SALOMÉ BARBA   | 17.08.2018 
A- A+

Arredor de medio cento de voluntarios desembarcarán ben cedo este sábado, día 18, en Rebordelo, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade, para traballar de balde no seu monte. Forman parte das brigadas deseucaliptizadoras que a ONG ecoloxista Verdegaia organiza para manter os montes galegos con boa saúde, protexidos do lume e libres de especies invasoras.

Esta será a sexta brigada deste ano. Comezaron na primavera en Lousame, a onde foron dúas veces, e seguiron por Dodro, Cenlle e Ponteareas. Proximamente realizarán outra en Corcubión. O responsable desta iniciativa, Joam Evans, explica que "actualmente hai apuntadas arredor de 230 persoas neste programa, pero en cada brigada, polo tema dos seguros, van uns 50 participantes". De feito, dependendo da actuación que vaian realizar, do lugar e características do monte a limpar e de si van usar motoserras ou non, "ás veces as brigadas con máis pequenas aínda". Así que esta fin de semana ao monte de Rebordelo irán "uns 20 voluntarios", di Evans.

Verdegaia asegura que as plantacións de eucaliptos xeran un impacto altamente prexudicial sobre a biodiversidade, causando empobrecemento e erosión das superficies plantadas, contaminación en regatos e ríos e outras negatividades que, mesmo dando unha aparencia "verde" á paisaxe, crean auténticos desertos, que mostran a súa faciana máis negra coas sucesivas vagas de lumes, como ocorreu na vaga de lumes que asolou parte da comunidade galega en octubre do 2017.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt