El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia | galicia@elcorreogallego.es  |   RSS - Galicia RSS

A Xunta busca consenso co sector e co resto das CCAA sobre a selectividade

Manterá xuntanzas co responsable da CIUG e os rectores das tres universidades

Estudantes antes de iniciar unha das probas - FOTO: ECG
Estudantes antes de iniciar unha das probas - FOTO: ECG

M.GARRIDO   | 18.06.2019 
A- A+

O Executivo galego quere iniciar conversacións sobre a proba única de selectividade que "garantice a igualdade de oportunidades e o mesmo nivel de dificultade entre os distintos territorios". Por iso, a conselleira Carmen Pomar apostou na mañán de onte por "atopar puntos de encontro" co resto das comunidades e incluílo no marco do Pacto Estatal pola Educación.

Os problemas acaecidos ao longo da realización das probas como o aprazamento que tivo lugar co exame de Historia da Filosofía, levou á conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional a insistir neste debate e a pedir explicacións e responsabilidades polo acontecido.

A Consellería cre que todavía hai que realizar "unha análise pormenorizada ao respecto", e para elo atópase "axustando axendas" para fixar un encontro co responsable da CIUG e cos tres rectores das universidades galegas. A devandita reunión servirá como "primeiro punto de inflexión" sobre o exame único a nivel estatal. A responsable da área educativa dixo "estar aberta ás suxestións" que aporten os distintos actores nunha xuntanza na que non haberá unha representación do estudantado.

Unha das grandes preocupacións respecto á posibilidade dun exame único radica nas consecuencias que podería ter no modelo educativo e nas particularidades de territorios como propiamente Galicia, sobre o que a conselleira dixo "que non había que aventurar algo que aínda non está definido".

A nivel estatal, un grupo de estudantes presentaron onte no Ministerio, casi 178.000 sinaturas a favor da proba única.









Galiofer es un portal de ofertas y descuentos en Galicia. Las mejores ofertas en Salud y Belleza, Hogar, Regalos, Restaurantes, Escapadas...