Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Educación pide informes aos centros para adaptar as aulas no vindeiro curso

Tanto CIG como Anpas Galegas alertan da intención da Xunta de reducir docentes e ampliar ratios nas clases // A Consellería replica que ao faltar catro meses para o inicio apenas está comenzando a súa planificación

A CIG- Ensino deixou claro este xoves o seu rexeitamento ás pautas para o próximo curso escolar en Galicia en relación coa pandemia da COVID-19, porque evidencia unha intención por parte da Xunta de “reducir profesorado e ampliar ratios no curso 2020/21”.

Nun comunicado de prensa, explica que a Consellería de Educación remitiu un correo elec´trónico aos centros de Secundaria nos que lles demanda a realización dun estudo de adaptación das súas aulas á distancia de 1,2 metros (en lugar dos 1,5 do presente curso). Distancia que se acordou este martes entre o Goberno central e as comunidades na reunión conxunta con Educación e Sanidade no portocolo de transición. Os centros deberán respostar en menos de 24 horas á Administración, indica a CIG.

Así, detrás desta petición, para a CIG, a Xunta busca reducir o que consideran “gastos covid” en profesorado, sen que previamente a Consellería presentase ás organizacións sindicais ningunha proposta de plan de continxencias para abordar o curso que vén, “o que xa é unha clara demostración das súas intencións e da nula vontade negociadora”.

A pretensión, ademais, de ter “espazos amplos e versátiles” implicaría acabar cos desdobres de aulas deste curso e, polo tanto, a non contratación desde profesorado, enchendo de novo as clases incrementando as ratios con espazos máis grandes.

Desde a Confederación Anpas Galegas, o seu presidente, fernando Lacaci, fai fincapé en que todas estas medidas da Xunta indican que a sua intención de que a “excepcionalidade do presente curso” permaneza no que vén, ou peor. Hai unha “constante referencia á volta a ratios anteriores, baixo criterio economicistas, cando deben primar os sanitarios ou educativos”, indica. “Parecen que queren librarse da pandemia negándoa”, e se este ano “o virus saltaba 1,5 metros o ano que vén será igual, non 1,2”.

Ademais de denunciar que desta volta a Xunta segue “tomando decisións de forma unilateral, sen informar a Anpas, comunidade educativa....”, Lacaci explica que a Confederación recorda que “o alumnado son os auténticos heroes. Debémoslles atención especial ,levan un ano sin acercarse a outros, sen xogar nos patios, pasando frío nas aulas, usando mascarillas en todo momento, perseguidos polos pasillos e nos recreos para que manteñan a distancia, sen bibliotecas ou espacios de convivencia... e como premio pretenden poñer as mesmas medidas pero con máis xente nas aulas –indica–; a excepcionalidade ten que acabar. Temos que recuperar o bo que había e aprender do bo que conseguimos, como as aulas menos ocupadas. Debemos recuperar a convicencia normal nos centros”, remata.

Pola súa banda, preguntada a Consellería de Educación sobre a súa intención de manter os reforzos do profesorado deste curso para o próximo –como recomendou este mércores a ministra de Educación, Isabel Celaá ás autonomías–, e sobre o motivo da carta remitida aos centros de Secundaria, a súa resposta limitouse a dicir que “Galicia está traballando neste momento en base as indicacións marcada polo Goberno central no protocolo para o curso que vén. A Xunta de Galicia tomará todas as medidas necesarias para garantir a seguridade sanitaria nas aulas e a presencialidade, tal e como se fixo no actual, que se desenvolveu dun xeito satisfactorio” e engade que ao faltar 4 meses para o inicio do curso “apenas está comenzando a súa planificación”.

Así mesmo, na reunión do Comité Educativo celebrado este xoves, o titular galego de Educación, Román Rodríguez, informou sobre as medidas que se levarán a cabo nos centros educativos no curso 2021/22, onde sinalou como obxectivos prioritarios o reforzo das aprendizaxes e o benestar emocional do alumnado.

Salientou que a Xunta aposta pola estabilización do profesorado con OPES en marcha “para preto de 6.000 docentes entre as ofertas de 2020 e 2021”, e anunciou a posta en marcha de programas de recuperación das competencias non adquiridas durante a pandemia, co Plan Recupera.

20 may 2021 / 12:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.