Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Educación recorda a prohibición de avaliacións presenciais

Remite novas instruccións aos centros concretando aspectos do curso

Santiago. A Consellería de Educación decidíu onte remitir novas instruccións aos centros educativos, que amplían e concretan determinados aspectos das Instrucións do 27 de abril para o desenvolvemento do terceiro trimestre deste curso na ensinanza non universitaria.

Así o departamento educagivo galego recorda que os centros “non poderán realizar probas de modo presencial ao alumnado”, engadindo que os que previran avaliar deste xeito teran que cambiar polo método non presencial, mediante omesmo mecanismo que estiveran utilizando para comunicarse co alumnado neste trimestre, ou facendo traballos. Así mesmo, indica que en setembro, a metodoloxía presencial ou non presencial para os exames estará determinada pola situación da pandemia nese momento.

Ademais, os boletíns de notas non reflectirán a tercerira evaluación, senón a primeira, a segunda e a final.

En canto á promoción, Educación explica que en ESO, FP Básica e Bacharelato, os alumnosque promocionen “dun curso a outro dentro da mesma etapa con materias non superadas terán dereito a presentarse á convocatoria extraordinaria de setembro”. E sobre a titulación en Bacharelato, indica que os centros poderán flexibilizar, de maneira excepcional, os criterios sen ter en conta o número de materias non superadas se consideran que o estudante ten adquiridos os obxectivos xerais da etapa, se ten una nota media da etapa mínimo de 5. salomé barba

28 may 2020 / 21:25
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito