Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Educación revisará o protocolo anti covid en función do risco sanitario

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, subliña que o seu departamento está a traballar para un inicio do curso seguro, con todas as garantías socio-sanitarias e dentro da máxima normalidade posible que se facilite no contexto actual da covid-19. Nesta liña, a propia conselleira fixo fincapé na necesidade de ir vendo a evolución día a día para poder adaptarse, así como atender ás decisións levadas a cabo polas autoridades sanitarias compotentes na xestión da pandemia.

Desta maneira o expresou a mañá do día de onte, 13 de agosto, a conselleira, durante unha visita ás instalacións do CEIP San Tomé de Cambados, onde puido comprobar en vivo e en estéreo o plan organizativo que está levando a cabo o qipo directivo do colexio dacordo co Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19 nos centros de Ensino non Universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborado polas Consellerías de Educación e de Sanidade ambas en consonancia.

Precisamente, Carmen Pomar lembrou e resaltou que o propio Protocolo xa especifica e deixa claro que todas as medidas que recolle poden ser obxecto de revisión contínua en función do avance e evolución da situación: do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas ou estatais. É dicir, estas medidas iranse actualizando cando sexa preciso se os cambios na situación epidemiolóxica así o requerisen nalgunha casuística e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.

De igual modo, a conselleira anunciou que como medida de reforzo de espazos e persoal docente, o sistema público galego contará con 158 unidades (grupos de clase) máis nas etapas de Educación Infantil, Primaria e ESO, así como 240 novos mestres que se incorporarán a partir do mes de setembro, co comezo do novo curso, para, por unha banda poder cumplir coas medidas de control e seguridade, ademais de mellorar a calidade do ensino. Dita acción de reforzo beneficiará a un total de 40 escolas de Infantil e Primaria -aínda que non se especificaron cantas unidades se crearán en cada unha destas- repartidas en 17 concellos da provincia de Pontevedra, 12 de A Coruña, 9 de Lugo e 2 de Ourense; así como centros especiais da cidade herculina. Precisamente, unha desas unidades novas que se habilitan será para o CEIP San Tomé, que o vindeiro curso pasará a ter unha aula máis para o 3º da etapa de Primaria.

Pomar insistiu en lanzar unha mensaxe de tranqulidade e templanza, ao mesmo tempo que solicitou a implicación dos equipos directivos no deseño da organización máis específica a nivel de centros, como o está a facer o dito CEIP San Tomé, que conta cun exemplar plan de continxencia no que se recolle de forma exhaustiva a redistribución de espazos e as medidas a adoptar a nivel de grupos, os medios de protección, a limpeza, o uso dos seus espazos ou o protocolo de actuación en caso de detectarse calquera tipo de incidencia.

Por outra banda, a conselleira sinalou que se van levar a cabo as obras para o novo comedor deste centro, unha vez que, nos próximos días, se formalice a sinatura do acordo co Concello. O investimento ascenderá a un total de 120.000 euros, que serán asumidos a partes iguais polas administracións tanto autonómica como local.

14 ago 2020 / 00:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito