Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

de la ría de O Burgo

O pleno do consello regulador da nova Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pan Galego quedou constituido y a persoa que estará á fronte da presidencia, pioneira trala aprobación esta semana no DOG do seu regulamento, é Guadalupe Gómez Franco. Na súa reunión inaugural os técnicos da Consellería do Medio Rural trasladáronlle aos integrantes deste órgano información sobre a normativa de funcionamento dos consellos reguladores, así como sobre os primeiros trámites e decisións a tomar por esta entidade nas vindeiras reunións.

Tamén lles explicaron os pasos a dar no futuro inmediato para a inscrición de parcelas, almacéns de trigo, muíños e panaderías, para o que o consello regulador terá que aprobar nas vindeiras datas os respectivos procedementos. Este selo de calidade impulsouno no ano 2015 a Federación Gallega de Asociaciones de Fabricantes de Pan (Fegapan) e contou co apoio da Xunta dende os inicios. Coa posta en marcha desta indicación, a Xunta e o propio sector agardan que se beneficien un gran número de pequenas panaderías distribuídas por toda a comunidade, nomeadamente nas zonas rurais. Ademais, esta indicación incentivará o cultivo de trigo en Galicia, o que terá un impacto positivo na mellora das rendas dos agricultores, na recuperación do rural e mesmo para previr incendios forestais, ao actuar os terreos de labradío como barreira fronte aos lumes.

Segundo o regulamento aprobado esta semana no DOG, as características do pan pasan por ter unha codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular. Poderá elaborarse en forma de fogaza, rosca, bolo ou barra e, canto ao sabor e o aroma, o pan distinguirase por ser moi aromático e por contar cun sabor intenso a trigo cun punto lixeiramente ácido.

30 jul 2020 / 19:29
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.