El Correo Gallego

Noticia 1 de 1 Galicia » Eleccions USC

Perfil

Pilar Bermejo Barrera

11.04.2010 
A- A+

La catedrática de Química Analítica (Santiago, 1956) presenta una candidatura independiente al rectorado de la Universidade de Santiago. Pilar Bermejo se formó en la misma facultad en la que trabaja y además completó estudios en Plymouth, Reino Unido. Es una investigadora de prestigio, con interesantes trabajos para el enriquecimiento de la leche.

CURRICULUM VITAE

Pilar Bermejo Barrera, é natural de Santiago de Compostela. Licenciada en Química pola USC en 1978 e Doutora en 1981. Completou a súa formación na University of Plymouth (UK). Comezou o seu labor docente en 1980 como Profesora Axudante, en 1983 foi Profesora Titular e dende 1991 é Catedrática de Química Analítica.

Foi Vicedecana da Facultade de Química dende 1989 ata 1994 e Directora do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía dende 1998 ata 2006.

Foi coordinadora do Programa Piloto ECTS de ERASMUS na área de Química dende 1990 ata 1996 e dende entón é ademais Coordinadora da rede ECTN ( European Chemistry Thematic Network) é do programa TASSEP (Transatlantic Science Student Exchange Programme.

Dirixe o grupo de investigación de “Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación “ da USC, cuxas principais liñas de investigación céntranse na investigación e desenvolvemento de metodoloxía analítica para o estudio dos elementos traza nos campos medioambiental, industrial, clínico e alimentario. Publicou mais de 250 artigos científicos , e varias monografías.  Directora de 25 Teses de Doutoramento e de mais de 100 Tesiñas de Licenciatura, Proxectos para a obtención do Diploma de Estudos Avanzados e de  Teses de Master. Investigadora principal de numerosos proxectos de investigación, así como de contratos con empresas .

Pertence a numerosas sociedades científicas españolas como: a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade de Química Analítica, a Sociedade de Espectroscopía Aplicada, a Sociedade de Bioquímica Clínica e Patología Molecular, e a Royal Society of Chemistry(UK), a American Chemical Society (USA), e a Federación de Sociedades Europeas de Elementos Traza.