Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

En defensa da especialidade de urxencias e emerxencias

    ante o artigo de opinión que publicou onte El Correo Galego ‘Crear Emerxencistas para poder mellorar a Atención Primaria?’, asinado por X.C., vémonos na obriga dende a Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias-Galicia (SEMES Galicia) de facer unha serie de aclaracións:

    – O xerente do Sergas, José Flores Arias, responde na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, ante a pregunta de que avances coñecía a Xunta de Galicia que tivera efectuado o Goberno central en relación ao cumplimento do acordo por unanimidade de tódolos grupos parlamentarios con representación na Cámara (20 de decembro de 2020) relativo á creación da nova especialidade de Medicina de Urxencias e Emerxencias, con tramitación preferente.

    – A cidadanía na súa maioría non é coñecedora de que quen lle atende nun Servizo de Urxencias ou Emerxencias non é especialista en Urxencias e Emerxencias, “urxenciólogo/a” que non ten unha formación reglada como especialista como un neurólogo, un pediatra, un anestesiólogo, un radiólogo, un oncólogo, un neurociruxán... (que por certo apoian a creación da especialidade, como 31 sociedades científicas máis) por un anacronismo histórico co resto de Europa (21 países) e do mundo occidental (EEUU, Australia, Canadá...).

    – A cidadanía non sabe que si fora militar, neste país, sería atendida por un especialista en Urxencias e Emerxencias, porque no ámbito militar sí que existe (aprobada dende o ano 2015)

    – O que si deixa entrever é que os servizos de Urxencias e Emerxencias son ben percibidos pola poboación, pero isto grazas ao compromiso dos profesionais e dos servizos coa súa autoformación. A poboación coñece e valora tamén que somos o verdadeiro colchón do sistema sanitario e os garantistas da accesibilidade para eles. A pandemia que estamos a vivir foi o máis claro exemplo, a poboación sempre nos tivo ao seu carón, sempre tivo garantía de asistencia presencial con nós, 24 horas o día, 7 días á semana, 365 días ao ano.

    – O debate na cidadanía non existe, di o columnista; quizáis parécelle correcto esperar a que non exista recambio xeracional nos servizos de Urxencias e Emerxencias, que é o que vai ocurrir se non se crea a especialidade de Urxencias e Emerxencias, que non se poidan cubrir os postos asistenciais, e esa accesibilidade que garantimos non se poida levar a cabo. Esa é a diferenza entre estratexia e previsión fronte a fracaso.

    – En relación a que moitos médicos de familia acaban nos servizos de Urxencias e Emerxencias e non en Primaria, ten unha explicación moi clara. É que nunca quixeron ser médicos de Familia, senon urxenciólogos, pero neste país non existe esa posibilidade, non se nos permite.

    – A pregunta sobre a solución dos problemas de Atención Primaria compételles a ditos profesionais, non aos servizos de Urxencias e Emerxencias. Nós o que defendemos é unha formación reglada e homoxénea para todos os profesionais que traballamos neste ámbito, para dar a mellor atención a poboación, que ése é o núcleo central do problema.

    – Con respecto a esa hipotética porcentaxe dun 60 % de demanda que podería ser atendida en centros de saúde, non sei en que fontes se basou. Nós falamos dun 30 %, ata incluso un 40 por cento, por eso sempre facemos referencia ao uso responsable dos recursos sanitarios, e especialmente porque esas atencións detraen o tempo necesario para atender o máis importante, que son os pacientes con patoloxía tempo dependente que acoden aos Servizos de Urxencias e que deben ser atendidos por un profesional cunhas competencias ben definidas (iso é a Especialidade de Urxencias e Emerxencias) en base aos estándares europeos.

    Iso é calidade na asistencia e seguridade para os pacientes.

    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.