Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 26 enero 2022
19:31
h

Ence volve a beneficios polos altos prezos da celulosa e os bos resultados operativos

En cumprimento da normativa contable, a compañía tivo que rexistrar nas súas contas o impacto dun eventual peche en Pontevedra, por importe de 196 millóns de euros // Presentou este martes os correspondentes recursos de casación ante o Supremo

Ence Energía y Celulosa volveu a beneficios no segundo trimestre de 2021, polos altos prezos da celulosa e a eficiencia e bo desempeño operativo das plantas. A compañía rexistrou un beneficio neto ordinario de 12 millóns de euros no segundo trimestre de 2021, fronte ás perdas de 13 millóns que contabilizou no mesmo período do ano anterior. O resultado operativo consolidado antes de coberturas alcanzou os 56 millóns entre abril e xullo, o que supón máis que duplicar o obtido no segundo trimestre de 2020.

No negocio de Celulosa o resultado operativo alcanzou os 42 millóns de euros, o que multiplica por 5 o de 2020. Ademais, a produción de celulosa aumentou un 4% interanual. No negocio de Enerxía Renovable o resultado operativo alcanzou os 14 millóns (+31% excluíndo a planta termosolar vendida en decembro). Ence conta cunha carteira de 513 MW de proxectos de biomasa e fotovoltaicos, con acceso a rede e localizacións aseguradas, que se espera que empezarán a construírse progresivamente a partir de 2022.

A compañía mantén un balance moi saneado cunha débeda neta de 43 millóns no seu negocio de celulosa, de 133 millóns no de Enerxía Renovable e con máis de 380 millóns de caixa dispoñible en balance, despois de amortizar anticipadamente préstamos por importe de 95 millóns na primeira metade do ano.

En cumprimento da normativa contable, a sociedade rexistrou nas súas contas o impacto dun eventual peche da súa biofábrica de celulosa de Pontevedra, por importe de 196 millóns d euros, tras as sentenzas ditadas en xullo pola Audiencia Nacional, que anulan a prórroga da concesión dos terreos de dominio público sobre os que se asenta esta planta. A normativa contable non permite provisionar os custos do futuro ERE de extinción dos traballadores da planta de Pontevedra e de parte da estrutura corporativa do grupo.

A compañía presentou este martes os correspondentes recursos de casación ante o Tribunal Supremo, e esgotará todas as vías xurídicas en defensa da legalidade da prórroga desta concesión, de cuxa actividade dependen 5.100 empregos directos e indirectos. Porén, no caso de que se vise finalmente obrigada ao peche, a empresa tería que facer fronte a un desembolso de 48 millóns de euros e do custo do ERE, non provisionado. Así mesmo, e en cumprimento da normativa contable, rexistrou unha deterioración do valor dos activos vinculados á biofábrica por un importe neto de 148 millóns de euros, que non supoñerá unha saída de caixa.

28 sep 2021 / 19:11
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.