Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Escolas infantís gratuítas, residencias de vangarda, carreira investigadora e delegación da Xunta en Ferrol, novidades anunciadas por Feijóo

Este es la plantilla de ECG
18:54 h.

Puy defiende la gestión de la Xunta: "Galicia ha resistido mejor ante la pandemia"

    El portavoz parlamentario del PPdeG, Pedro Puy, ha defendido la "buena gestión" de la Xunta tanto a nivel sanitario como económico, no solo durante la pandemia sino a nivel "previo", lo que cree que ha llevado a Galicia a resistir mejor ante la pandemia.En su intervención en el debate sobre el estado de la autonomía, ha recriminado a la líder del BNG, Ana Pontón, que diga que el PPdeG es "ultra" y le pida hacer un cordón sanitario a Vox, un partido que no tiene representación en el Parlamento gallego, cuando ella "está todos los días pactando con Bildu y ERC".Así que ha propuesto, por su parte, hacer "un cordón sanitario a Bildu y ERC y lo que representan".También le ha replicado a Pontón que "Galicia no se hace grande cuando se cierra en sí misma sino que se hace grande cuando se abre al mundo".

    Este es la plantilla de ECG
    18:50 h.

    Galicia nación

      De nuevo sobre el decálogo, en su intervención detalló algunas de las propuestas. En materia de autogobierno, el BNG propone poner en marcha la comisión mixta para solicitar la transferencia de todas las competencias pertinentes y activar la ponencia parlamentaria para poner sobre la mesa un nuevo estatus político que reconozca a Galicia "como nación".

      Para "financiar" la recuperación, el Bloque pide un concierto económico --ampliar el porcentaje de impuestos cedidos hasta el 90 por ciento, reclamar la cesión del impuesto de sucesiones, que tributen en Galicia las que desarrollen aquí su actividad y avanzar en una fiscalidad verde. Además, pide una comisión de estudio para un nuevo modelo de financiación --bilateralidad, transparencia, capilaridad y codecisión--.

      En cuanto al sector industrial (tercer objetivo), impulsar un Instituto Galego de Crédito, un plan para el fomento de la actividad tecnológica e industrial y una mesa para un pacto gallego para la energía.

      Sobre las infraestructuras, rescatar la concesión de la AP-9 aprovechando la declaración de la Comisión Europea y "poner fin a las peajes", junto con que el Estado asuma la deuda del puerto de A Coruña como hizo con Valencia y un plan para "hacer competitivos" los aeropuertos.

      El quinto objetivo versa sobre los servicios públicos. En esta materia, Pontón ha propuesto un plan de salud mental y un modelo de residencias de gestión pública. En ciencia e investigación, un 3 por ciento del presupuesto de 2022 y captación de talento; mientras que en materia de "emergencia climática", el BNG reclama una ley gallega de "consenso y participación" de toda la sociedad.

      Ana Pontón ha reclamado, asimismo, avanzar en la "igualdad", al hilo de lo que ha hecho una reflexión sobre "aislar a quien difunde el discurso del odio, de la intolerancia, de la LGTBIfobia, del machismo y del negacionismo de la violencia contra las mujeres". En este punto concreto, y tras recordar el crimen de Samuel, se ha dirigido a Feijóo para que "el PP se sume al cordón sanitario contra la extrema derecha, en lugar de estar al lado de los que prenden esas mechas". Además, ha reclamado que se destine "uno de cada cien euros a favor de la igualdad y libertad de las mujeres".

      El noveno de los objetivos habla de lengua y cultura, punto en el que ha pedido el 2 por ciento de los Fondos Next Generation y, además, "devolver el gallego a la enseñanza como lengua vehicular", "derogando el decreto de la vergüenza".

      Finalmente, el décimo objetivo estratégico es la "defensa de la democracia", en la que ha vuelto a denunciar una televisión pública gallega "vampirizada". "Una democracia de baja calidad porque usa su mayoría absoluta de forma absolutista para amordazar este Parlamento" y "una democracia de baja calidad trufada de abusos bancarios puertas giratorias y fraude fiscal en el que el Emérito fugado simboliza como pocos que en este Estado no todos somos iguales ante la ley". 

      Este es la plantilla de ECG
      18:00 h.

      O decálogo de Ana Pontón 

        A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou un "decálogo con obxectivos estratéxicos" para "pensar unha Galicia en grande" fronte a un presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ao que afeou "pensar e actuar en pequeno"." Desde o BNG queremos construír unha nova Galicia, unha Galicia en grande. E nese empeño seguiremos traballando, desde o optimismo da intelixencia e da vontade, man a man, cos galegos", proclamou na súa intervención a dirixente nacionalista, que se estreou nun debate do estado da autonomía como líder do principal partido da oposición.

        Pontón, que reivindicou o "optimismo" do BNG co futuro de Galicia, debullou o seu decálogo, unha sorte de listaxe de obxectivos programáticos de quen, precisamente, atópase tamén en pleno proceso interno asembleario, o cal culmina o próximo 7 de novembro. Con todo, non desvelou, polo momento, se a súa intención é continuar á fronte da formación e ser a candidata do BNG ás próximas autonómicas, eleccións ás que a formación nacionalista ten o propósito de presentarse co obxectivo de alcanzar a Xunta, como así figuran nos seus documentos políticos.

        Pontón nomeou os puntos dese decálogo: 

        1. Autogoberno; 

        2. Concerto económico; 

        3. Rescate do sector industrial; 

        4. Infraestruturas; 

        5. Reforzar servizos públicos; 

        6. Ciencia e investigación; 

        7. Emerxencia climática; 

        8. Igualdade; 

        9. Lingua e cultura; 

        10. Defensa da democracia.

        Dixo que actualmente a democracia é de baixa calidade, xa que os poderes económicos fan e desfán sen presentarse ás eleccións". EP

        Este es la plantilla de ECG
        17:56 h.

        Caballero critica que Feijóo sexa máis líder opositor que presidente da Xunta

          O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou que o titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, se preocupase máis na súa intervención no Debate sobre o Estado de ser "líder opositor" que presidente da Xunta."Vostede está máis preocupado por ser un líder opositor que por ser presidente, por iso pon a Galicia ao servizo dos intereses do PP", sostivo o tamén secretario xeral do PSdeG, que acusou a Feijóo de trasladar unha visión de Galicia como unha "arcadia feliz" na que se esquece de "tantos galegos".Nun discurso que iniciou dando o pésame aos membros do Goberno galego e do Grupo Popular polo falecemento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, Caballero considerou que Feijóo aproveitou o debate para marcar unha "estratéxica análoga" á do líder do PP, Pablo Casado, e á da ultradereita na "escalada da tensión política" para tratar de sacar un Goberno de España "lexitimamente" constituído.Con todo, puxo en valor algúns anuncios anunciados polo máximo mandatario autonómico, como a gratuidade das escolas infantís desde o primeiro fillo o próximo curso, e emprazou aos grupos a, unha vez se supere "o peor da pandemia", iniciar o debate para reformar o Estatuto de Autonomía.

          PROPOSTAS E REFORMA DO ESTATUTO. O dirixente socialista si puxo en valor algúns anuncios realizados este mércores polo máximo mandatario autonómico, como a gratuidade das escolas infantís desde o primeiro fillo o próximo curso unha medida que, segundo sinalou, incluía o PSOE no seu programa electoral. "Cando rectifica, empeza a acertar", manifestou.

          Tamén aproveitou para emprazar aos grupos a que, unha vez se supere "o peor da pandemia", se inicie o debate para reformar o Estatuto de Autonomía. "Cremos que ao longo desta lexislatura haberá que adaptar o Estatuto aos novos tempos, para polo ao servizo da xente", argumentou para avogar por incluír neste documento unha "carta de cidadanía" que sirva de garantía para que os galegos teñan os mesmos dereitos en "igualdade".

          Ademais, trasladoulle o apoio do PSOE á Xunta para reivindicar un sistema de financiamento autonómico que teña en conta factores como o envellecemento e a dispersión."Estaremos a traballar para que Galicia teña o mellor financiamento", sostivo nun discurso no que tamén se mostrou partidario de que as comunidades históricas teñan un "nivel competencial máximo". Todo iso, deixando claro que aos socialistas non lles gusta "o modelo independentista", cuxas alianzas "non traen nada bo".

          Por último, despois de afear que Feijóo acuda á Cámara a anunciar que "el convida" pero quen pague sexa o Estado, pechou a súa intervención reclamando a Feijóo que use a súa maioría absoluta para "gobernar Galicia". "Xestionan 12.000 millóns de euros e non se sabe que fan. Saquen o diñeiro do colchón", resolveu. 

          EP

          Este es la plantilla de ECG
          12:15 h.

          Finaliza Feijóo recordando a Valeriano Martínez

            Finaliza Feijóo como empezou, recordando a figura de Valeriano Martínez, indicando que todo o que facemos é un legado. Regaloulle a súa intelixencia a Galicia ata o último día. A pegada da súa entrega segue viva.

            No último tramo da súa intervención reivindicou a moderación galega e os 40 anos de autogoberno. Referiuse tamén á lingua galega, insistindo en que amar o galego é posible sen deixar de lado o español e sen pecharlle o paso a outras linguas.

            Este es la plantilla de ECG
            12:02 h.

            "Vólvese aprazar a alta velocidade ferroviaria ata, como mínimo, o verán de 2022"

              En canto ao AVE, Feijóo móstrase preocupado polo o anuncio de Renfe de que empezará o servizo coa flota dos trens actuais e non cos trens Avril. Os galegos non teremos valocidade completa. Vólvese aprazar a alta velocidade , como mínimo ata o verán do 2022.

              Este es la plantilla de ECG
              11:58 h.

              Transporte público, arma contra o despoboamento do rural

                Transporte público, arma contra o despoboamento do rural. Renovouse o transporte interurbano. Autobús gratuíto á mocidade e aforro no metropolitano. As autoestradas son as máis baratas de España. Pronto haberá descontos para familias numerosas en todos os transportes públicos. Novas estacións intermodais. Reclama o cumprimento dos compromisos do Goberno de España.

                Este es la plantilla de ECG
                11:49 h.

                A fábrica de téxtiles para Lugo

                  O presidente di que, se é posible o proxecto de téxtiles, estará radicado en Lugo.

                  Este es la plantilla de ECG
                  11:48 h.

                  Nova delegación da Xunta en Ferrol

                    Crearase unha nova delegación da Xunta en Ferrol. Feijóo pide apoio para que o Goberno central cree unha zona franca en ferrol.

                    Este es la plantilla de ECG
                    11:47 h.

                    Case 17.000 empregos industriais en perigo

                      Case 17.000 empregos en perigo en Galicia por varios motivos. Custos enerxéticos elevadísimos. Transición ecolóxica con ruptura abrupta e sen capacidade de adaptación. Non hai verdadeira transición. O impulso federalizante é en realidade un centralismo que nin entende nin escoita nin comprende.

                      Este es la plantilla de ECG
                      11:43 h.

                      Forestal, alimentación e automoción, prioridades para os fondos europeos

                        Áreas prioritaras para os fondos europeos Next Genetarion: Primeiro, o sector Forestal. Fibras téxtiles a través da madeira. Segundo: sector alimentario. Proxectos con máis de 4000 empregos novos. Terceira: automoción. Investimentos de máis de 1.300 millóns en tres anos. Proxecto Autoáncora. Cuarto: Enexía, para crear un polo enerxético innovador con hidróxeno verde. Reindustrialización das Pontes e Meirama.

                        Este es la plantilla de ECG
                        11:36 h.

                        Apoios para a transformación dixital na industria

                          Industria. Reforzo de apoios para a transformación dixital. Polo enerxéticio con introdución do hidróxeno verde e medidas de almacenamento enerxético. Introducirase a loxística como eixo de competitividade e impulsarase a economía circular.

                          Este es la plantilla de ECG
                          11:33 h.

                          Carreira investigadora

                            Innovación. Hai máis de 10.000 persoas traballando neste ámbito. As condicións dos investigacións son incertas, polo que se aprobará a Carreira investigadora, un marco comnún que garanta máis profesionalización e estabilidade. Anuncia a Estratexia Galicia dixital e de intelixencia artificial. 

                            Este es la plantilla de ECG
                            11:29 h.

                            Plan de rescate e apoio a empresas

                              PIB e exportacións, están aumentando máis que a media nacional. Haberá un Plan de rescate e apoio financeiro a empresas. Préstamos estratéxicos e parcialmente reembolsables. Obxectivos: incentivar o consumo, atraer investimentos, programa informático para soporte a pemes buscando axuda, asesoría a pemes, recuperar axenda internacional para conzseguir 8.000 empresas exportadoras e chegar a 25.000 millons de euros en 2025.

                              Este es la plantilla de ECG
                              11:23 h.

                              Segunda maior demanda turística da historia

                                Galicia ten menos paro e máis afiliación á seguridade social que antes da pandemia. No verán tivo a segunda maior demanda turística da historia. Temos por siante unha década xacobea para mostrar o noso potencial. O Camiño foi acondicionado, a rede de albergues mellorada e o Monte do Gozo reforzado. 

                                Este es la plantilla de ECG
                                11:18 h.

                                Nova arquitectura pedagóxica

                                  En canto á educación, o presidente referiuse ao Plan da nova arquitectura pedagóxica, á transformación dixital, con formación do profesorado. Galicia quere unha educación garantía de igualdade de oportunidades e de futuro. 

                                  Este es la plantilla de ECG
                                  11:16 h.

                                  Cambios importantes nas residencias de maiores

                                    Residencias de maiores. En 2022 abordarase un novo modelo máis ambicioso. Primeiras unidades de coidados intermedios. Plan de formación continuada de profesionais. Cadro de mandos autonómicos. Reformarase a normativa para que haxa unidades de 25 persoas como máximo. Retomarase o autobús de coidados porta a porta. Estratexia contra a soedade non desexada. Axilizarase o acceso aos servizos da dependencia e reducirase o tempo de trámites.

                                    Este es la plantilla de ECG
                                    11:12 h.

                                    Actuacións en hospitais comarcais

                                      Presentarase en meses o Plan de infraestruturas de atención primaria e haberá novas actuacións en hospitais comarcais, que mellorarán os seus servizos.

                                      Este es la plantilla de ECG
                                      11:09 h.

                                      Atención primaria máis útil e centro sanitario virtual

                                        A Xunta segue demandando o aumento das prazas MIR, especialmente de pediatras e atención primaria. O próximo ano aprobarase unha nova estratexia de saúde. Feijóo alude ao compromiso cunha Atención Primaria máis áxil, útil e próxima", con mellor relación coa medicina especializada hospitalaria. A telemedicina ten un enorme potencial. É un proceso sen volta atrás. Oitava área sanitaria, dixital, que se anticipa á enfermidade. hai un modelo de centro sanitario virtual que Galicia está disposta a aproveitar.

                                        Este es la plantilla de ECG
                                        11:03 h.

                                        A Xunta quere crear 3.500 prazas sanitarias

                                          Dúas áreas que preocupan especialmente. A Xunta quere eliminar a taxa de reposición para cubrir prazas e diminuír a temporalidade en áreas sanitarias. Agora, coas normas actuais, pódense crear 1.200, pero a Xunta quere chegar a 3.500 prazas.

                                          Este es la plantilla de ECG
                                          11:00 h.

                                          Plan de recuperación da atención sanitaria ordinaria

                                            Abórdase o Plan de recuperación da atención sanitaria ordinaria, con redución de tempos de espera. Volve a presencialidade aos centros de saúise e afrontamos as secuelas da covid.

                                            Este es la plantilla de ECG
                                            10:58 h.

                                            Sistema de saúde reforzado

                                              Chegamos á pandemia co sistema de saúde reforzado. Cita telefónica, programa Telea e outras ferramentas, novos edificios de hospitalización, reformas en centros de saúde...

                                              Este es la plantilla de ECG
                                              10:54 h.

                                              Sanidade, educación e achega social aumentarán ata o 71% do gasto total

                                                O orzamento do 2022 priorizará sanidade, educación e gasto social, que aumentarán ata o 71% do gasto total.

                                                Este es la plantilla de ECG
                                                10:52 h.

                                                Mesmas oportunidades para todos os españois

                                                  Galicia pide que o financiamento autonómico conteña o peso que corresponde a dispersión e o avellantamento. A Xunta pide igualdade e mesmas oportunidades para todos os españois, vivan onde vivan.

                                                  Este es la plantilla de ECG
                                                  10:49 h.

                                                  Reunión de 8 comunidades en Santiago en novembro a prol dun diálogo multilateral

                                                    O día 2 de novembro haberá unha reunión en Santiago na que participarán 8 comunidades autónomas, oito presidentes. Unha alianza que non vai contra niguén. Queremos un diálogo multilateral. O financiamento autonómico non pode ser decidido nunha mesa bilateral cun goberno en contra da nación. Feijóo está en contra dun sistema a medida das demandas secesionistas (refírese a Cataluña). 

                                                    Este es la plantilla de ECG
                                                    10:45 h.

                                                    Rebaixa de impostos

                                                      Hai outro modelo: o galego. Menos débeda e menos impostos. Este non é o momento para aspirar ao superávit. Vixiamos as nosas contas. Págase menos IRPF, eliminouse o imposto de sucesións... Baixamos impostos para investimentos verdes. Os orzamentos de 2022 incluirán máis rebaixas de impostos.

                                                      Este es la plantilla de ECG
                                                      10:43 h.

                                                      Crítica ao Goberno central pola suba xeneralizada de impostos 

                                                        Segue aumentando exponencialmente a débeda e o gasto público en España. O déficit público está en máximos históricos. Debemos preguntarnos como imos facer para compensar 123.000 millóns de euros. Galicia pide información e lealdade institucional. Existe agora un modelo económico con subas xeneralizadas de impostos. É o modelo do Goberno central. 

                                                        Este es la plantilla de ECG
                                                        10:38 h.

                                                        Comportamento errático do Goberno

                                                          O titular da Xunta critica o "comportamento errático" do Goberno, con carencias e deficiencias nas Conferencias de Presidentes, sen reunións do Consello de Política Fiscal e Financeira, reparto de fondos Next Generation, sen cogobernanza. Non hai normas nin criterios. Hai desgoberno, mesmo o ministro de Sanidade abandonou en plena pandemia para presentarse a unhas eleccións autonómicas. Galicia recibe 610 milóns de euros menos dos que lle corespondería se houbera reparto xusto de fondos. A única concreción no reparto de fondos europeos Next Generation é que Galicia debe presentar entre 1 e 3 proxectos prioritarios.

                                                          Este es la plantilla de ECG
                                                          10:30 h.

                                                          Escolas infantís gratuítas ao 100% para todos os nenos

                                                            O presidente alude á necesidade dunha inmigración legal e ordeada. Galicia, aberta. Feijóo anuncia que a partir do próximo curso, as escolas infantís en Galicia serán 100% gratuítas para todos os nenos. Todas as escolas infantís, públicas e privadas, serán gratuítas a partir do vindeiro curso (2022), e non só para os segundos fillos, algo que xa estaba establecido, senón tamén para los primeiros. 

                                                            Este es la plantilla de ECG
                                                            10:27 h.

                                                            Novo Plan estratéxico e reto demográfico

                                                              Presentarase o novo Plan estratéxico ata 2030 antes de que acabe o ano. Galicia debe formularse en futuro. Alude ao saldo migratorio e á caída constante dos nacementos. O reto demográfico é o número un de Galicia. A Xunta xa foi tomando medidas: plan de vivenda (máis de 5.200 vivendas protexidas, casas niño, achegas ás familias numerosas, bono coidado para fillos e gratuidade de escolas infantís a segundos fillos)...

                                                              Este es la plantilla de ECG
                                                              10:22 h.

                                                              Levantamento da emerxencia sanitaria

                                                                O presidente da Xunta anuncia que a próxima semana finaliza o estado de emerxencia sanitaria, e dá grazas polos esforzos de todos os profesionais e a cidadanía. A meta agora é recuperar o modo de vida e adecuarnos ao novo paradigma económico que xurde tras a pandemia.

                                                                Este es la plantilla de ECG
                                                                10:20 h.

                                                                Os datos da COVID melloran moito

                                                                  Feijóo achega os últimos datos da COVID: 92,7% da poboación diana coa pauta completa da vacina; índice de positividade de 0,9%; incidencia acumulada de 7,14 casos por 100.000 habitantes a 7 días, e 16,5 a 14 días; 495 casos activos (a nivel de agosto de 2020); 9 persoas na uci (descenso do 96,5% en relación aos mementos máis duros). Catro persoas falecidas nos últimos sete días. 246 concellos galegos sen casos nos últimos sete días. 

                                                                  Este es la plantilla de ECG
                                                                  10:15 h.

                                                                  Recordo emocionado

                                                                    O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, inicia a súa intervención cun recordo emocionado de Valeriano Martínez.

                                                                    Este es la plantilla de ECG
                                                                    10:10 h.

                                                                    Empeza o debate cun minuto de silencio

                                                                      Miguel santalices, presidente do Parlamento, inicia o debate pedindo un minuto de silencio polo recentemente falecido Valeriano Martínez, conselleiro de Facenda.

                                                                      13 oct 2021 / 10:03
                                                                      • Ver comentarios
                                                                      Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
                                                                      TEMAS
                                                                      Tema marcado como favorito
                                                                      Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.