El Correo Gallego

Noticia 142 de 593 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

Case 70 nenos laracheses no servizo Madrugadores

Estará operativo nos colexios Otero Pedraio e Alfredo Brañas // Tamén se habilitará en Caión se o piden un mínimo de seis

Nenos e nenas na aula lúdica municipal da capital larachaesa - FOTO: Concello da Laracha
Nenos e nenas na aula lúdica municipal da capital larachaesa - FOTO: Concello da Laracha

JOSÉ M. RAMOS   | 28.08.2018 
A- A+

O Concello da Laracha porá en marcha o día 11 de setembro, coincidindo co comezo dun novo curso escolar, o servizo Madrugadores de axuda á conciliación da vida persoal, laboral e familiar, que prestará por segundo ano no marco do Programa Harmoniza, cofinanciado con fondos municipais, da Secretaría Xeral de Igualdade e o Fondo Social Europeo.

O servizo está tendo unha gran acollida, e para este curso xa están inscritos 67 nenos e nenas, dos cales 50 son alumnos do CEIP Otero Pedrayo da Laracha, e 17 do CEIP Alfredo Brañas, de Paiosaco. Tamén se habilitará no colexio de Caión no caso de que o soliciten un mínimo de seis nenos.

Os pequenos que se acollan a Madrugadores poderán acudir os días lectivos ao centro de ensino desde as 7.00 horas, onde permanecerán ata o inicio da actividade escolar no colexio a cargo de persoal especializado e realizando actividades ludorecreativas. O Concello oferta varias modalidades: mes completo, días soltos e uso ocasional, en todos os casos coa opción de incluír ou no o almorzo. As cotas a aboar varían en función da opción escollida e os recursos económicos de cada familia beneficiaria do servizo.

En todos os casos a inscrición permanecerá aberta durante todo o curso escolar, e debe formalizarse acudindo ao Centro de Información ás Mulleres (CIM) da Laracha.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt