El Correo Gallego

Noticia 123 de 593 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

A Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil arrinca hoxe na vila noiesa

J. C.   | 21.09.2018 
A- A+

Noia. O Coliseo Noela acollerá hoxe o inicio da segunda edición da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil que terá lugar durante o fin de semana no municipio noiés.

Este evento de teatro afeccionado contará coa presenza de varias asociacións teatrais chegadas de diferentes puntos da comarca. Inaugurará esta mostra a compañía A Barquiña Azul de Noia as 19.00 horas coa obra Nunca xulgues a un libro pola súa portada. Máis tarde, as 21.00 horas, chegará a quenda para a agrupación de Lousame, Teatrando Alecrín que presentará a obra Feliz 1990! Estas dúas actuacións enmarcarán a primeira xornada desta mostra que continuará tanto o sábado como o domingo.

Xa o día 21, a Agrupación Teatral Criaturas estreará en Noia As Salvaxes. Esta será a única obra para un público maior de 12 anos.e xa por último, o domingo será o quenda para o obradoiro ribeirense do CEIP O Grupo coa representación teatral titulada Quen anda aí?, as 19.00 horas.

Os protagonistas en pechar esta segunda edición será a asociación local Matacandís de Teatro coa obra Quen anda aí? O concelleiro de cultura, José Pérez, destacou a presenza das múltiples as asociacións da comarca, e agarda seguir crecendo con esta mostra e poder contar nos vindeiros anos con diversos obradoiros teatrais.