El Correo Gallego

Noticia 66 de 442 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

Os pequenos de Ponteceso collen o mando dos fogóns

Preto de 30 nenos e nenas participan na Escola Municipal de Cociña // Ademais de receitas típicas tamén se atreven con pratos internacionais e menús arriscados // A finais de curso o Concello organizará o concurso Pontechef

Na Escola Municipal de Cociña participan este ano preto de trinta nenos e nenas - FOTO: Concello de Ponteceso
Na Escola Municipal de Cociña participan este ano preto de trinta nenos e nenas - FOTO: Concello de Ponteceso

JOSÉ M. RAMOS  | 23.04.2018 
A- A+

Na vila de Eduardo Pondal estase a crear unha prometedora canteira de futuros chefs que quen sabe se algún día traerán unha estrela Michelín para Ponteceso. Desde hai tres anos o gusto polos fogóns entre os nenos e nenas do concello vai en aumento, e este ano son xa preto de 30 os cativos e cativas, procedentes de distintas parroquias, os que participan na Escola Municipal de Cociña.

A iniciativa da área de Cultura, que xestiona directamente o alcalde, Lois García, lonxe de responder a unha moda mediática, naceu para atender unha demanda crecente e está a consolidarse como unha das máis atractivas e saborosas da oferta de ocio infantil e municipal.

Os mércores pola tarde os pequenos poñen o mandil e, baixo a tutela da cociñeira Sandra Varela Amado, prenden os fogóns para darlle forma culinaria á súa imaxinación e creatividade. Ademais de elaborar receitas típicas da gastronomía galega e descubrir a inmensa variedade de produtos locais, os nenos e nenas de Ponteceso tamén se atreven con pratos internacionais e menús máis arriscados e innovadores que ben poderían ser merecedores de máis dunha Estrela Michelín, segundo contan os quen os ven cociñar.

As clases teñen unha duración de hora e media e divídense en dous grupos. Na cociña do CEIP Eduardo Pondal, de Ponteceso, nada máis rematar a xornada lectiva un total de dezaoito nenos e nenas, grazas á colaboración do centro educativo, fórmanse no arte da gastronomía. Despois collen o relevo oito rapaces e rapazas de Corme, que reciben a súa formación nun local cedido por un veciño.

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt