El Correo Gallego

Noticia 338 de 593 noticia anterior de espazoAbalar Galicia » espazoAbalar

Salamu Chej: unha historia de sacrificio e superación persoal

Este saharauí, que hoxe ten 20 anos, chegaba ao concello de Rois no 2005 grazas ao programa Vacacións en Paz // Recibiu no 2014 o premio da Xunta ao esforzo // Tras 7 anos sen ver a súa nai, por fin logra reunirse con ela

De esquerda a dereita Tsarrah, Ana, Inma, Salamu, a súa nai Abrakum e Tania posando en Valencia o 25 de novembro, o día despois do reencontro do mozo saharauí coa súa proxenitora - FOTO: I.B.
De esquerda a dereita Tsarrah, Ana, Inma, Salamu, a súa nai Abrakum e Tania posando en Valencia o 25 de novembro, o día despois do reencontro do mozo saharauí coa súa proxenitora - FOTO: I.B.

ALBA PRADA  | 18.12.2017 
A- A+

Hai un dito que di que a realidade sempre supera a ficción e dende logo que hai historias que demostran que non se equivoca. A de Salamu Chej é unha desas vidas de película, porque dende logo, a algún ca outro guionista de cine serviríalle de inspiración coñecer a historia deste mozo. Unha historia dunha vida difícil que ten un final feliz grazas ao sacrificio dunha nai, Abrakum, dunha familia de Rois, a de Inma Bouzas, e por suposto ao de Salamu Chej.

Este saharauí chegaba con 7 anos a Galicia grazas ao programa Vacacións en Paz, unha iniciativa que lle da a oportunidade aos nenos saharauís de campamentos de refuxiados de pasar dous meses de verán lonxe do seu día a día. A Salamu Chej sorprendíalle todo o que para nós é do máis normal "a auga, a lavadora, a herba ou a chuvia". Relata Inma Bouzas que "incluso se colgaba das tiras das persianas". E é que hai que comprender que a vida no Sáhara Occidentel non é sinxela: viven en condicións extremas onde as temperaturas superan os 50 graos no verán e a escaseza de auga e recursos obrígaos a depender da axuda internacional.

A familia de acollida decidía ir ao Sáhara despois de que Salamu pasase dous veráns en Rois e é neste momento cando a vida do mozo cambia. A súa nai, Abrakum, toma a decisión de pedirlle á familia de Rois que acolla ao seu fillo para que teña unha educación e un futuro. No 2009, Salamu deixaba o campamento de refuxiados para vivir coa súa nova familia e aprender a nosa cultura. O CEIP Dices de Rois foi o seu primeiro mestre. 

Más información en El Correo Gallego (edición papel) y en Orbyt