Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 28 septiembre 2021
02:49
h

Éxito da Primeira Xuntanza Aulas Galegas

O colectivo de profesorado reuniuse en Padrón e presentou a súa axenda escolar

Aulas Galegas, o colectivo de profesorado que por mor da pandemia creou o portal educativo do mesmo nome e leva creando e difundindo contidos en galego para as au- las dende marzo de 2020, reuniuse o pasado sábado no auditorio da Casa de Rosalía (Padrón) para celebrar a súa I Xuntanza Aulas Galegas. A organización afirmou que foi moi proveitosa dende o momento en que serviu para que por primeira vez se reunisen dende a súa creación, se compartisen experiencias educativas e colectivamente se marcasen as liñas de traballo para o futuro. Entre os asistentes atopábanse persoas que levan traballando dende 2020 en Aulas Galegas e tamén profesionais que se achegaban por primeira vez para coñecer máis de preto as súas propostas e formas de traballo. Para atender tamén á socialización e interacción entre as persoas asistentes realizáronse varias dinámicas lúdicas e a xuntanza rematou cun xantar de confraternización.

Entre os relatores participantes figuran: Francisco Bermúdez Prieto (Fran da Lobeira), Aida Calvela Louro, Jose Antonio Fraga Moreiro, Naír García Abelleira, María Isabel González Piñeiro, Manolo Maseda Deán, Ana Isabel Pérez Tomé e Xacobo de Toro Cacharrón, que falaron de cuestións tan dispares como a xestión cooperativa na sección de educación Infantil de Aulas Galegas, Ciencia na casa, a dinamización educativa en Instagram e Twitch ou a regueifa que encheu de música o auditorio.

No seo desta I Xuntanza Aulas Galegas presentouse a Axenda escolar Aulas Galegas 2021-2022, un material de primeira necesidade para o ámbito educativo realizado en galego e que se realiza por segundo ano. Nesta publicación que se lle ofrece de balde ao público pódense atopar, ademais dos contidos propios e xerais da calquera axenda como follas trimestrais, mensuais e semanais, outros contidos menos habituais que responden ás necesidades propias do contexto académico como organizadores de aula, fichas de rexistro de alumnado, fichas de rexistro de titorías e un apartado para avaliacións, entre outros moitos.

Aulas Galegas pretende que a súa axenda ademais sirva tamén como unha fonte de coñecemento, por iso a publicación inclúe un contido cultural transversal ao longo da parte de calendario. Nesta ocasión a temática elixida son Os camiños de Santiago, aos que van dedicando os diferentes meses con ilustracións orixinais de Montse Arza e Ne- rea Caseiro. Aulas Galegas ten clara a súa aposta por atender as necesidades do profesorado e do alumnado tamén no ámbito das TIC, por iso, a axenda ademais de estar dispoñible un formato imprimible en papel ofrece tamén unha versión dixital que se pode utilizar en tabletas e móbiles tanto no sistema Android como iOS como nas súas versións sincro- nizables en PC e mac.

15 sep 2021 / 10:50
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.