Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Fademga e a Xunta, pola inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

A Xunta publicou o pasado venres a convocatoria para a elección provisional de destino para os aspirantes con discapacidade intelectual que superaron as oposicións de persoal funcionario subalterno da Administración Xeral galega, prazas reservadas en exclusiva para este colectivo. Coa oferta dos novos destinos, todos eles próximos aos lugares de residencia dos aspirantes, a Xunta cumpre o seu compromiso de evitar o desarraigo social e familiar, ao tempo que prestará os apoios necesarios en cada caso para una correcta adaptación ao novo posto, así como a formación previa á toma de posesión; todo elo en estreita colaboración con Fademga Plena Inclusión Galicia.

Nun comunicado explican que un dos docentes que prestará esta formación tamén será un empregado público con discapacidade intelectual que no seu día obtivo praza co apoio de Fademga na primeira convocatoria reservada pola Xunta ao colectivo.

Do total de 24 prazas que se ofertaban nesta convocatoria de oposicións, 23 foron parar a persoas con discapacidade intelectual que recibiron apoios de Fademga, un novo motivo de satisfacción para a Área de Emprego e Formación desta federación, que dende o ano 2011 ven loitando polo acceso ao Emprego público das persoas con discapacidade intelectual. A federación conta na actualidade con 40 entidades galegas integradas que prestan servizo a 4.422 persoas con discapacidade intelectual, e 8.221 socios.

08 dic 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.