Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Falece Alfonso Balseiro, alcalde do municipio coruñés de Mañón

O rexedor poular, de 74 años, levaba no cargo 34

O alcalde de Mañón (A Coruña), Alfonso Balseiro (PP), faleceu este sábado, 6 de febreiro, aos 74 anos, logo dunha longa enfermidade.

O rexedor popular levaba á fronte deste municipio da comarca do Ortegal 34 anos, o que o converte na persona máis antiga neste cargo en todo o norte da provincia da Coruña.

Traballador autónomo, tiña un fillo. Ademais de ser alcalde de Mañón sempre con maioría absoluta, tamén foi deputado provincial entre os anos 2007 e 2011.

Logo de coñecerse o seu falecemento, mensaxes nas redes sociais lembraron a súa persona e destacaron a proximidade aos veciños deste municipio limítrofe coa provincia de Lugo.

FERROL. EUROPA PRESS

06 feb 2021 / 17:52
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.