Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Feijóo pide ao Goberno que se "fixe ben" nos proxectos para os fondos europeos: "Isto non é un café para todos"

O presidente da Xunta e o seu homólogo asturiano ven nestes recursos unha oportunidade para corrixir desequilibrios

SANTIAGO. EP. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu ao Goberno do Estado que se "fixe ben" nos proxectos estratéxicos que presente cada comunidade á hora de concorrer aos fondos europeos Next Generation. "Isto non é un café para todos, nin é aproveitar as autovías que nos quedan por facer... Non, isto ten que buscar unha competitividade na nosa economía, na nosa produción", manifestou durante a súa participación o foro 'Encuentros en el Eo', organizado polos diarios 'La Voz de Galicia' e 'La Voz de Asturias', e no que tamén interveu o presidente do Principado de Asturias, Adrián Barbón.

Feijóo propuxo priorizar na repartición de fondos a aqueles temas que "cambian a economía dunha comunidade autónoma" e lembrou que, con este obxectivo, o seu goberno traballa desde abril con expertos "detectando" o que se necesita e nunha serie de proxectos que, "teñan financiamento ou non" destes fondos, suporán "unhas oportunidades de negocio, de investimento" e para "orientar" a política industrial para os próximos anos.

Segundo indicou, os máis de 100 proxectos nos que traballa o seu Executivo poñen "en valor a materia prima" e os recursos naturais de Galicia. "Porque entendemos que estes deberían quedar, non ser proxectos estéticos ou cosméticos, senón proxectos que entren no corazón do sistema industrial", asegurou Feijóo.

Ademais, o presidente autonómico pediu unha maior claridade nos criterios de repartición e apelou a ter en conta cuestiones como a dispersión da poboación, o problema demográfico, a transición industrial "inacabada" e a dixitalización para reducir as diferenzas nos niveis de renda das rexións.

Neste sentido, considerou necesario "aproveitar" o fondo para equiparar as rendas europeas. "Subir nalgún chanzo e converxer en renda parécenos que é fundamental", sostivo Feijóo.

"Nós traballamos co Goberno central para que acerte, porque o acerto do Goberno central é o acerto das comunidades", afirmou nun foro no que coincidiu co seu homólogo asturiano, Adrián Barbón, ao destacar a oportunidade que supoñen estes fondos para corrixir desequilibrios.

AXUDAS AOS SECTORES MÁIS AFECTADOS

Despois de citar algúns dos proxectos nos que traballa Galicia, como a fábrica de viscosas a partir de madeira, o aproveitamento de decesos animais para crear enerxía e abono ou unha iniciativa conxunta co sector da automoción, avogou tamén por "axudar aos sectores máis afectados", como o da hostalaría. "É un sector ao que debemos de axudar de forma directa, sen paliativos", subliñou.

Neste punto, citou as axudas ao lecer nocturno para o pago de aluguer ou o mantemento do emprego, medidas para apoiar ao sector do comercio, ao turismo e aos servizos a adaptarse ás novas circunstancias; a posta en marcha dun plan de dixitalización para pemes e autónomos; así como o plan de rescate para autónomos, dotado con 70 millóns.

"Todas estas iniciativas ejemplifican os esforzos destinados a paliar a complexa situación das empresas e sectores que peor o están pasando", sinalou para apelar tamén á necesaria implicación doutras administracións como os concellos e o goberno central.

Sobre este punto, incidiu na necesidade de reducir o IVE turístico ao 4% e manter os ERTE mentres duren as restricións sanitarias, así como que os concellos revisen o cobro das taxas municipais durante o tempo que dure esta situación.

DEMANDAS EN INFRAESTRUTURAS

No foro, así mesmo, Feijóo volveu a pedir ao Executivo estatal que a posta en valor do corredor do noroeste, "que custa menos da metade do que custa o do Mediterráneo".

Ademais, despois de censurar as elevadas peaxes da AP-9, propuxo "un gran pacto" polas grandes infraestruturas viarias que redunde nun "trato equitativo e homoxéneo" dos cidadáns españois, con independencia da comunidade na que vivan.

Todo iso nunha intervención na que citou algún dos proxectos lexislativos que Galicia porá en marcha nos próximos meses, como a Lei de Reactivación cuxo principal obxectivo é a simplificación dos trámites administrativos para "diminuír ao a mital os tempos".

O foro 'Encuentros en el Eo' estivo moderado polo director de 'La Voz de Galicia', Xosé Luís Vilela, e foi introducido polo director xeral do Banco Sabadell Gallego, Pablo Junceda.

17 nov 2020 / 19:27
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.